1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

O Celta suma por fin os tres puntos gañados onte

A luz natural de Guadalaxara certificou finalmente a vitoria do Celta de Vigo, que suma tres novos puntos e mételle presión ao Valladolid de cara ao partido que disputará hoxe ás 22 horas no Nou Estadi ante o Barcelona B. Co partido xa decidido despois do 3-0 co que se chegara onte ao minuto 81, no que se produciu o último dos apagóns na iluminación artificial do estadio que obrigou a suspensión do partido, os nove minutos foron un mero trámite para os vigueses, que voltarán finalmente hoxe á casa. Onte, tras a suspensión, Celta, Guadalaxara e Federación decidiran continuar o xogo a primeira hora da mañá para reducir o máximo posible os contratempos orixinados. Consumouse, xa que logo, a vitoria do Celta no campo do Guadalaxara grazas ao gran partido de onte, culminado cos tres goles: un de Toni e dous do dianteiro de Moaña Iago Aspas. O equipo de Paco Herrera asegura unha xornada máis o segundo posto que dá dereito ao ascenso directo. O deportivo da Coruña recibe hoxe en Riazor á Unión Deportiva As Palmas.