O Celta completará a vitoria mañán ás 11 horas en Guadalaxara
- Detalles
- Categoría: Fútbol
- Publicado o Martes, 15 May 2012 21:58
- Escrito por Miguel Fernández
O partido, os nove minutos que lle restan, xogaránse mañán pola mañanciña a partirdas 11 horas. Ese foi o acordo ao que chegaron Guadalaxara, Celta e Federación Española nos vestiarios do estadio do equipo castelán. O Celta cumplirá ese tramite inesperado, cos contratempos derivados, mais os tres puntos están no peto logo dun sensacional partido do equipo vigués. Os goles de Toni e Iago Aspas, por dúas veces, colocan ao Celta máis próximo do arelado ascenso. A luz da primeira vese máis perto cando faltan nove minutos de saldo e catro partidos.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede