1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 02-06-2013 09:57

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

"Estamos catro gatos para toda Galicia"

Nivel 1 de alerta no corazón do parque natural das Fragas do Eume, comesto polo lume, derrubado símbolo natural entre as chamas. Un mínimo de oitocentas hectáreas convertiranse en cinzas. As casas do concello coruñés da Capela tamén se viron en perigo.

O incendio prendeu sobre as 15.16 horas deste sábado e permanece activo. Na extinción, segundo indicaron fontes municipais a Europa Press, traballan un técnico, tres axentes forestales, tres brigadas, dous motobombas, cinco helicópteros e un avión.

Pero, abondan estes medios? O brigadista Javier Estévez (@javisilleda) escribe no twitter: "#ardegalicia e o seu símbolo natural, mentres a @Xunta non fai nada, estamos 4 gatos para toda Galicia. #Feijóo culpable do desastre ecolóxico". E continúa: "O bosque xa está perdido, oxalá non perdamos máis vidas coa lacra dos #incendioGalicia", "isto é un desastre, só a chuvia pode parar a destrucción #SOSFragasDoEume" ou "Que coño ten a xente na puta cabeza!!! #ardegalicia".

O nivel 1 refírese, segundo recorda a Xunta, a aqueles lumes que estando baixo o control dos medios de extinción, poidan pola súa evolución requirir da posta en práctica de medidas para a protección das persoas non relacionadas coa extinción e dos bens distintos dos de natureza forestal que se poidan ver ameazados polo lume.

FOTOGRAFÍA: César Galdo @eirexado