1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 22-05-2013 08:11

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Blueberry que estás nos ceos infinitos de Moebius

 Desaparece aos 73 anos Jean Giraud, nado en París no ano 1938, referente da banda deseñada europea e un dos autores máis sinalados da renovación da linguaxe da viñeta, que estendeu o seu influxo a outras manifestacións culturais do século. Din que un toma consciencia de que se esta a facer vello no momento en que comeza a soterrar heroes. A min onte morréronme dous: Gir e Moebius. Dous héroes, unha mesma persoa e varios mundos infinitos. Ambos os dous, Gir e Moebius, marchan agora canda a persoa que lles deu a vida.

Ler máis...

Xosé Manuel Reigosa (1953-2012)

O pasado día 21 de Febreiro falecía Xosé Reigosa, presidente de Salvemos Monteferro e referente sinalado dos movementos sociais galegos. Serxio Regos, "O García", de DKTC, amigo e compañeiro de loitas de Xosé, fainos chegar a súa lembranza persoal dun home alleo a dogmatismos e profundamente comprometido coa defensa da terra e o activismo social desde plataformas como Galiza Non Se Vende ou SOS Groba.

Ler máis...

Erland Josephson (1923-2012)

 Morreu o actor sueco Erland Josephson. De ampla formación intelectual, foi coñecido sobre todo polos seus traballos como actor nos filmes do seu bo amigo Ingmar Bergman. Entre eles salienta o Johan de 'Escenas dun Matrimonio', filme no que formou unha parella inesquecible con Liv Ulmann. Traballou tamén con outros directores relevantes do cinema europeu como Theo Angelopoulos ou Andrei Tarkovski, co que protagonizou Sacrificio.

Ler máis...