1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 22-05-2013 08:11

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Finou Rosa Bassave, libertaria galega

Onte martes, 11 de Setembro, a CNT-Compostela informaba da triste nova do pasamento de Rosa Bassave Roibal, figura ben coñecida nos movementos sociais composteláns e galegos pola súa longa traxectoria de loita contra da opresión e a dominación nas súas variadas facianas. Desde o Dioivo sumámonos ao dó de familiares, amigos e camaradas publicando a semblanza biográfica elaborada polos seus propios compañeiros.

Ler máis...

Morreu Pahiño, grande do fútbol galego

Morreu un dos máis grandes da historia do fútbol galego: Manuel Fernández Fernández, Pahíño. Vigués de nacemento, xogou no Celta, no Real Madrid e no Deportivo da Coruña. Goleador irrepetible obtivo dous premios Pichichi. Foi un home culto e de esquerdas. 

Ler máis...

Adeus gringo vello

Diego E. Espiña redactou o obituario do escritor mexicano Carlos Fuentes, que morreu esta semana. Era o paradigma da imaxe que México gustaría de exportar ao mundo: branquiño con rasgos marcados, guapo, pijo, educado e cunha labia exquisita para engaiolar señoras. Tamén un excelente escritor. En cada unha das súas obras foi quen de trazar a cartografía dun país que arrastra a maldición de Porfirio Díaz: «tan lonxe de deus e tan cerca de Estados Unidos». Quizabes por iso de non ser profeta na súa terra

Ler máis...

Morreu Eduard Khil, o home do 'trololo'

Morreu o cantante ruso Eduard Khil, coñecido popularmente como 'Mr. Trololo'. Este barítono nado en Smolensk en 1934 gozou de popularidade na Unión Soviética nos anos 70 e foi condecorado como Artista do Pobo da URSS en 1974. Mais a súa popularidade internacional chegoulle fai apenas dous anos dada a inmensa popularidade adquirida en Internet por un vídeo da canción Я очень рад, ведь я, наконец, возвращаюсь домой ('Estou feliz pois volto por fin á casiña'), en versión 'vocal'

Ler máis...

Adeus a Maurice Sendak, o pai dos monstros infantís

Cada vez que un neno marche para a cama, castigado sen cear, estaralle facendo, sen querelo, unha homenaxe ao escritor Maurice Sendak, que morreu o pasado 8 de maio nun hospital de Connecticut aos 83 anos. A el e a Max, o cativo que protagoniza Onde viven os monstros (Kalandraka), un dos libros máis importantes da literatura estadounidense, un relato fantasticamente ilustrado por Sendak, que ten como protagonista a ese neno que, só dacabalo da imaxinación, é quen de ir e de voltar ao lugar de onde son as cousas salvaxes.

Ler máis...