1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 19-05-2013 19:58

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Denuncian “graves vulneracións” dos dereitos humanos no cárcere da Lama

Varios presos do cárcere pontevedrés denuncian golpes durante horas por parte dos funcionarios , “encadeamentos prolongados” de xeito sistemático sen que medie ningún tipo de xustificación e incluso situacións de tortura. Un dos internos asegura que os gardas lle obrigaron a espirse e facer flexións despois de ter recibido unha malleira. Mentres, o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, Esculca, móstrase “fondamente preocupado” por esta situación, que coincide coa chegada do novo Subdirector de Seguridade.

Ler máis...

Sanidade esquece a Atención Primaria

  A Xunta incumple os seus compromisos de construír 18 novos centros de saúde e todos os ambulatorios que inaugurou o Sergas nesta lexislatura foran promovidos por gobernos anteriores

Ler máis...

Gandeiros galegos: Nin auga nin terras

 O agro non só está a esmorecer pola falta de auga, tamén pola falta de terreos para uso agrícola. Os gandeiros de Galicia denuncian que tanto dende a Xunta como dende Europa se está a favorecer que as terras que tradicionalmente estaban destinadas a pasto queden en mans das empresa de biomasa. “A perda de capacidade que se está a trazar é para poñerse a tremer”, di Carme Freire, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego.

Ler máis...

Surrealismo: Carlos Negreira pídelle á RAG que fomente o plurilingüismo

 A nova non lles debeu resultar moi senlleira nin moi atraente nin a uns nin a outros, pois a información do encontro non figuraba onte na web do Concello da Coruña nin no portal da Real Academia Galega, cada día máis parecido ao portal de Belén, polo estático que é e o pouco que se actualiza. En calquera caso aconteceu. O alcalde da Coruña, o conservador Carlos Negreira, recibíu no palacio consistorial, sito na Praza de María Pita, ao presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, e ao seu secretario, Xosé Luís Axeitos.

Ler máis...

A Xunta investirá máis dun millón de euros en promocionar a súa “galeguidade“

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar no DOG unha Resolución da Secretaría Xeral de Medios pola cal anuncia que o Goberno galego destinará 1,2 millóns de euros a campañas publicitarias que promocionen as iniciativas da Xunta en materia de "identidade, galeguidade e datas de especial sensibilidade social". Deste xeito, o Executivo de Núñez Feijóo xuntará nun so concurso público a licitación das campañas para o Día das Letras Galegas, 25 de xullo ou 8 de marzo, por exemplo.

Ler máis...

Subcategorías