As axudas á tradución baixan un 16 por cento
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Xoves, 03 May 2012 10:00
- Escrito por Dioivo
Segue a tendencia á baixa nas axudas á tradución. A suspensión destas subvención no ano 2009 provocara xa fortes protestas no sector. Recuperadas no 2010, a contía acadou os 300.000 euros. Pero baixou a 200.000 no 2011, e agora volve reducirse ata os 168.000.
Política lingüística visita Burela para coñecer de perto o seu modelo de inmersión lingüística
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Mércores, 02 May 2012 15:27
- Escrito por Moncho Mariño
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou o día 30 de abril Burela. O obxectivo da visita era coñecer de primeira man os resultados que estaba a dar o modelo de integración lingüística que os equipos de profesores do IES Perdouro e Monte Castelo da localidade luguesa, desenvolven desde hai case seis anos.
A xestión dos espazos culturais de Ferrol, tamén para a empresa na que traballa a irmá de Feijóo
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Xoves, 26 Abril 2012 01:20
- Escrito por A. Losada
O concello ferrolán cedeulle a responsabilidade de controlar o Teatro Jofre, o Centro Torrente Ballester e o futuro auditorio de Caranza, á empresa Eulen S.A., na que traballa a irmá do presidente da Xunta.
Miles de galegos defenden na rúa a sanidade e o ensino público
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Domingo, 29 Abril 2012 13:35
- Escrito por Raquel Pazos
"¡Queren acabar con todo!". Esta é a impresión que milleiros de galegos defenderon esta mañá nas rúas das principais cidades da comunidade ante os recortes de dez mil millóns presentados polo Goberno de Mariano Rajoy esta semana. A protesta convocada pola Plataforma en Defensa do Estado do Benestar e os Servizos Públicos, non foi suficiente para Rajoy, que non só amosou a súa vontade de facer oídos xordos á cidadanía, senón que avanzou máis medidas. "Cada venres haberá reformas", sinalou e ameazou que "o que vén, tamén".
A Deputación da Coruña outórgalle a xestión do Colón á empresa na que traballa a irmá de Feijóo
- Detalles
- Categoría: Nacional
- Publicado o Martes, 24 Abril 2012 19:40
- Escrito por A. Losada
A oferta da empresa Eulen foi escollida pese a ser máis cara que a de Cávea Produccións, responsable da programación do teatro durante os últimos cinco anos.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede