Traballadores de ALCOA maniféstanse polo futuro da subministración enerxética nas súas factorias
- Detalles
- Categoría: Traballo
- Publicado o Mércores, 13 Xuño 2012 17:47
- Escrito por Moncho Mariño
Un grupo de traballadores das factorías de ALCOA da Coruña e San Cibrao (Cervo-Lugo), manifestáronse o medio día do mércores 13 de xuño diante das dependencias do goberno galego en San Caetano, Compostela. A protesta iniciouse cunha marcha destes traballadores desde ALCOA Coruña, á que posteriormente se lles uniron representantes dos traballadores da factoría de San Cibrao no compostelano Monte do Gozo.
Unha explotación láctea da Baña prexudicada en 200 mil euros por Medio Rural
- Detalles
- Categoría: Traballo
- Publicado o Mércores, 23 May 2012 10:12
- Escrito por DIOIVO
Unha explotación láctea da Baña perderá 200.000 euros por culpa das graves deficiencias na xestión do saneamento gandeiro da Consellaría de Medio Rural. Segundo denuncia o Sindicato Labrego Galego, o dono da granxa, Cándido Iglesias, foi obrigado a sacrificar trinta vacas que resultaron estar sans e viu reducida a súa produción en 1.000 litros de leite diarios dende finais de xaneiro. Esta mesma problemática esténdese cada vez máis ao conxunto do sector.
Dioivo vai á folga no seu primeiro mes de vida
- Detalles
- Categoría: Traballo
- Publicado o Mércores, 28 Marzo 2012 14:53
- Escrito por DIOIVO
Dans grève il y a rêve, reza un vello dito francés. Na folga hai soño. E son os soños, dicíao Fassbinder, os que amplían o horizonte da vida. Mañá 29 de marzo Dioivo cumprirá un mes na rede e nese aniversario amosaremos o descontento e a oposición a unha reforma laboral que aniquila os dereitos das traballadoras e traballadores deste país. Por iso esta redacción cesará na súa actividade durante o 29 de marzo. Nin informaremos nin mudaremos os contidos de Dioivo. O silencio será, desta volta, o noso xeito de contrariar.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede