1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Feijóo: ''En galego pódeste comunicar con máis de 200 millóns de habitantes''

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou o pasado domingo en Intereconomía nun programa chamado '12 mujeres  sin piedad', 12 mulleres xornalistas que entrevistan a un personaxe público. Unha destas xornalistas, a ferrolá Pepa Romero Antón, quen  se define no seu perfil de twitter como 'periodista de Intereconomía, enamorada de Ferrol y cantante de ducha', formuloulle a seguinte pregunta: "Usted dice: los niños pueden elegir en qué idioma hacer el examen, en español o en gallego, pero no pueden elegir cómo estudiar esa asignatura y hay asignaturas muy importantes que las están dando en gallego, lo cual resulta un gran problema, como naturaleza o conocimiento del medio, o historia, que sólo se dan en gallego o en inglés".  Na súa resposta, o presidente da Xunta argumentou: "El gallego tiene una gran utilidad pues sabiendo gallego te puedes comunicar con más de 200 millones de habitantes. Excluido el chino, después del inglés y el español está el portugués". Foi daquela que a xornalista interrompeuno dicindo."Yo hablo gallego y no se entiende muy bien. Yo tenía un compañero de piso portugués y no le entendía nada".  O presidente da Xunta acabou instando á xornalista a mellorar o seu galego. 

A xornalista Pepa Romero Antón comentou posteriormente na súa conta de twitter: "hablo gallego perfecto,pero creeme que el portugues rápido no lo entienden ni ellos!"

 

Ver fragmento da entrevista

FOTO: Intereconomía