Gandeiros galegos: Nin auga nin terras
- Detalles
- CategorÃa: Nacional
- Publicado o Xoves, 15 Marzo 2012 08:29
- Escrito por C. DÃaz Pardo
 A seca está a converterse nun problema capital en Galicia. A principio de semana a Xunta de Galicia viuse obrigada a suspender as queimas no rural polo perigo que entrañaban debido a falta de precipitacións e ao vento. Os gandeiros galegos aseguran que a ausencia de choivas estalles a custar demasiado caro. Dende o sector lácteo estiman que en pouco tempo a produción dun litro de leite sairalles en seis céntimos máis. Que a choiva non caia do ceo é algo que escapa ás competencias da Xunta de Galicia mais, para moitos gandeiros, normas como a posta en marcha co novo Banco de Terras ou a Lei de Montes, cuxo proxecto de lei foi aprobado a finais do mes pasado polo Goberno galego, están convertendo esta seca nunha situación insalvable. Moitos traballadores do agro teñen claro que se o ceo non lles dá descanso, menos o fan dende a Xunta favorecendo que as “grandes empresas†poidan explotar ás terras tradicionalmente agrÃcolas. Dende o Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncian que no medio dunha seca alarmante, os gandeiros galegos están quedando sen pastos xa que, na súa opinión, a Xunta favorece que estas leiras sexan ocupadas por empresas biomasa. “Coas recentes normativas estase a limitar moito a superficie agraria, polo tanto hai unha redución importante no número das colleitas. Aos gandeiros estáselles a sacar as leiras que podÃan empregar para forraxe e vense obrigados a mercar fóra. A situación é insostible para moitas explotacións e verase agravada coas novas polÃticas que veñen dende Europaâ€, alerta Carme Freire, secretaria xeral do SLG.
TERRAS PARA EMPRESAS
Segundo os gandeiros do sindicato numerosas normas postas en marcha pola Xunta son as que favorecen esta situación. Entenden, por exemplo, que a Lei de Mobilidade de Terras, aprobada a finais do pasado ano, provoca que as leiras xestionadas por medio do Banco de Terras- unha iniciativa que inicialmente foi posta en marcha polo bipartito- poidan ser explotadas por empresas que non se adican ao agro. Dende a Xunta se especifica que o Banco de Terras é “un instrumento ao que se poderán incorporar os predios con vocación agraria e no que se centralizan os datos relativos á oferta e á demanda deses predios , para seren cedidos pola entidade xestora do Banco de Terras de Galicia para o seu uso e aproveitamento por calquera persoa fÃsica ou xurÃdica, pública e privadaâ€.
Este feito causou a alarma do Sindicato Labrego xa que entenden que con esta norma se vulnera a idea inicial do Banco de Terras, que servÃa para mobilizar superficies agrarias que estivesen inutilizadas e que estas fosen aproveitadas polas explotacións gandeiras. “Con esta nova lei calquera empresa privada poderá facerse coa explotación dunha leira do Banco de Terrasâ€, apuntan. Pero a súa preocupación non queda aÃ, xa que denuncian que a Xunta modifica a concepción de predio agrario. “O artigo 3.1. da norma cualifica como predio agrario todas aquelas fincas que poidan ter un aproveitamento agrÃcola, forestal, gandeiro ou mixtoâ€, denuncian. Na práctica, isto poderÃa supor que ás leiras do Banco de Terras tamén puidesen optar empresas. “O certo é que agora mesmo estáselle a dar un gran empuxe ás empresas de biomasa, máis alá por exemplo das de pasta de papelâ€, explica Freire. “Xa non só dende a Xunta de Galicia senón dende Europa, onde tamén entenden que as plantacións de biomasa poden catalogarse como agrÃcolasâ€, manifesta.
ESTRATEXIA “EUROPEAâ€
Pero as denuncias non quedan só aÃ. Os gandeiros do SLG explican que se ben co Banco de Terras será posible que unha empresa opte a unha leira, a Lei de Montes legaliza a forestación de terras agrarias. É dicir que terras que até o de agora eran empregadas para cultivar forraxes ou para pastos queden en mans de empresas de biomasa para o cultivo de determinadas árbores. “Esta non é unha situación nova.
Dende hai tempo que se está a permitir que en terreos agrÃcolas se dean esta tipo de cultivos, quitándolles os terreos aos gandeiros. A nova norma posta en marcha pola Xunta serve para legalizar unha situación que xa existÃaâ€, comenta Freire. “A Lei de Montes especifica que os terreos rústicos con un uso agrÃcola que estivesen adscritos a un banco de terras agrarias por un perÃodo de polo menos dous anos poderán forestarse previa comunicación á Administración forestalâ€, explican dende o sindicato agrario. “Isto non é máis que unha forma de dar legalidade á forestación ilegal de terras agrarias que xa se está a dar nestes momentos, nunha Galiza chea de piñeiros, eucaliptos ou frondosas caducifolias, botando delas aos labregos que cultivamos alimentosâ€, declaran. “A nova PAC (PolÃtica Agraria Comunitaria) entende como cultivos agrÃcolas tamén os de produción de enerxÃa, e se espera que para 2014 comecen a darlles axudas á quen plante desta forma.
As empresas e moitos propietarios xa o saben, polo que xa empezan a quitarlle terras que, por exemplo, tiñan arrendadas a gandeiros para empregar nestes cultivosâ€, relata a secretaria xeral do SLG. “Por exemplo unha das nosas asociadas de Vilalba perdeu por este motivo cinco hectáreas de terreo que tiña para forraxe. Sabes canto significa iso?â€, pregunta Freire. “A nova estratexia que se está a seguir dende Europa e dende a Xunta vai supor o peche de moitas explotacións. A perda de capacidade que se está trazando é para pórse a tremerâ€, remata. Todo isto pasa nunha Galicia na que, no medio da crise económica, as actividades gandeiras e agrÃcolas representan sobre o 3,3% do PIB.Â



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquà contámosvos a nosa filosofÃa e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede