1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 19-05-2013 19:58

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

A mala fortuna dos Borbóns coas armas de fogo

Felipe Juan Froilán de Todos los Santos de Marichalar y Borbón, fillo da duquesa de Lugo e neto maior do actual rei de España, Juan Carlos I, tivo que ser ingresado hoxe nun complexo hospitalario de Madrid, despois de dispararse no seu pé dereito cunha escopeta de perdigóns mentres "realizaba prácticas de tiro na súa finca familiar de Soria", segundo información da Casa do Rei recollida pola axencia EFE.

Froilán, de 13 anos, estaba a pasar uns días co seu pai Jaime de Marichalar. Nunhas prácticas de tiro no patio da casa, acompañado polo seu pai, cunha escopeta de pequeno calibre (calibre 36), feriuse no pé dereito polo que foi trasladado a un hospital para a limpeza cirúrxica da ferida. 

Non é a primeira vez que un membro da familia Borbón ten un accidente cunha arma de fogo. En 1955, en Estoril,  tamén durante as vacacións de Semana Santa, o avó de Froilán, o actual rei de España Juan Carlos I, á idade de 18 anos, disparou accidentalmente un revólver (unha Long Automatic Star do calibre 22) e acabou coa vida do seu irmán pequeno o Infante Don Alfonso. A Embaixada española en Portugal emitira daquela o seguinte comunicado: Embora Sua Alteza o Infante Alfonso não tivesse a efectuar a limpeza do revolver, estando esta com o seu irmão, um tiro foi despedido, acertando na sua testa e matando-o em minutos. O acidente ocorreu às 20.30 horas, após o regresso do Infante do serviço religioso da Quinta-feira Santa, durante o qual ele tinha recebido a santa comunhão.

 

ILUSTRACIÓN: Fragmento de Carlos IV con pose de cazador, de Francisco de Goya