1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Unha liga galega?

O outono do 2012 parece unha data clave no futuro do fútbol gaélico en Galicia. Os primeiros adestramentos de Suévia en Santiago de Compostela e dos Irmandinhos na Estrada xunto co inicio dos proxectos dos Corvos en Pontevedra e Faísca en Vigo permiten ver o día de mañá con optimismo. Non obstante, cómpre reflexionar sobre cales son os pasos precisos que hai que dar para seguir nun camiño que permita establecerse e medrar a este deporte no noso país.

Ler máis...

Atleta, actor, antifascista

O outro día vin un partido da NFL (National Football League, a liga de fútbol americano); non pregunten por que, ás veces hai que facer cousas raras para conseguir que o neno coma a merenda. Tres cuartas partes dos xogadores no campo eran negros, o que me recordou a figura de Paul Robeson, cantante, actor, avogado, activista contra o fascismo e tamén atleta ao que lle tocou vivir unha época na que aos afroamericanos lles estaba vedado, entre tantas outras cousas, o deporte profesional.

Ler máis...

A azarosa vida de Jesse Owens

É pouco probable que, cando rematou como heroe os Xogos Olímpicos de Berlín no 1936, Jesse Owens soñase cunha vida coma a doutros atletas famosos da época, coma o seu compatriota Johnny Weissmüller. Aínda que nacera nun burato da vella Europa, Weissmüller era branco, alto e guapo; Owens non deixaba de ser un negro grandote e con dentes de rato, neto de escravos, que pasara a súa infancia axudando ao seu pai a recoller algodón, por moito que tivese irritado a Hitler gañando catro ouros diante das súas arias narices.

Ler máis...

Os púxiles de Putin

Se algo saben os homes de estado é rodearse de grandes personalidades. Vladímir Putin pode, por exemplo, presumir de que conta no grupo parlamentario cos que probablemente sexan os dous deputados máis aparatosos e máis marulos do planeta: os ilustrísimos Alexandr Karelin e Nikolai Valúev son dous tipos cos que ninguén discutiría por unha praza de aparcamento, e moito menos por unha lei ou un decreto de nada.

Ler máis...

Unha historia contaxiosa

Falamos dos Fillos de Breogán, o que segundo a mitoloxía irlandesa fora caudillo dos celtas que ocupaban o que hoxe é Galicia. Dicimos Ártabros, os antigos poboadores das bisbarras das Mariñas (dos Condes e dos Frades) e de Ferrolterra. Nomeamos Suevia, en lembranza do antigo Reino Suevo que dominou a nosa terra durante case douscentos anos. Tamén comentamos o nome dos Irmadiños, os protagonistas da gran revolta do pobo galego contra a aristocracia no século XV. Parece que falamos de momentos

Ler máis...

Malditos dólares australianos

Cando LeBron James xogaba no equipo do seu instituto en Ohio (St. Vincent-St. Mary) era coñecido como The Chosen (O Elixido). Tratábase dun mozo no que os expertos vían ao novo Michael Jordan. Lionel Messi, xa nas categorías inferiores do Barça, amosaba un talento que facilitaba as comparacións con Diego Armando Maradona. Estes dous deportistas seguiron cumprindo coas expectativas postas neles. Dous mitos do deporte descubertos dende cativos para o gran público.

Ler máis...

Unha minoría que medra

Os deportes minoritarios chámanse así por algo. Por suposto, o fútbol gaélico entra nese perfil. Non en Irlanda, claro, pero si aqui, en Galicia. Aínda así, dende onte, os que comezamos a practicar o fútbol irlandés hai xa dous anos sentímonos menos sós. A pasada noite, botou a andar o Suévia, o novo equipo de gaélico de Santiago de Compostela. E, en breve, agardamos que poidamos asistir á estrea dos outros dous clubes que acaban de nacer no noso país: os Irmandinhos da Estrada e o Faísca de Vigo.

Ler máis...