1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Bermejo resucita ao Celta

Cando o Celta viaxaba cara as tebras do máis alá da Primeira División unha aparición do cántabro Mario Bermejo no minuto 93 devolvía a luz a un equipo que se manexa entre a ansiedade que provoca a loita pola permenecia. A vitoria contra o Zaragoza por 2-1 coloca aos vigueses fóra da derradeira posición da táboa, que agora será para os aragoneses, e reparte algo de xustiza a un equipo que a semana pasada perdía en Mallorca no mesmo minuto de partido.

Ler máis...

O Dépor segue as recomendacións de Arias Cañete e dáse unha ducha de auga fría ante o Athletic (1-1)

O Dépor decidiu seguir esta semana os consellos do ministro Arias Cañete e pegouse unha ducha de auga fría logo de catro semanas de quentura. Sería para aforrar enerxías, porque a imaxe do equipo de Fernando Vázquez distou moito da dos últimos partidos. Por iso o puntiño (1-1) inda sabe ben, porque o Athletic foi superior e ofreceu máis fútbol en Riazor. 

Ler máis...

Un Dépor eufórico suma a cuarta vitoria seguida cunha goleada

É difícil non se deixar levar pola euforia ao falar deste Deportivo, que nolo cambiaron, que dá xenio velo. Chegou Fernando Vázquez e obrou a miragre: catro vitorias seguidas (0-4 hoxe en Valencia ante o Levante), doce puntos (os mesmos que Oltra en dezasete xornadas) e sobre todo esa sensación de que si, efectivamente pódese. Non en balde, o Dépor respirará por fin vintecatro horas fóra dos postos de descenso, á espera de que o Barcelona non entregue o seu compromiso ante o Real Zaragoza.

Ler máis...

Unha cabezada de Oubiña frea ao Barça

É sabido que Oubiña ten a cabeza para poñer orde táctica no seu equipo e para dar cordura no vestiario cando se precisa. Desde agora pode contarlle aos seus netos que un día en Balaídos conseguiu empatar un partido rematando coa cabeza cando ninguén daba un peso polo Celta fronte ao mellor FC Barcelona da historia. Todo iso aconteceu cando faltando tan só dous minutos o capitán do equipo vigués viu saír das botas do chileno Orellana un centro que viña que nin pintado para converterse no heroe da tarde.

Ler máis...

Ás portas do inferno

Agora si, o Celta está na verea que leva ao inferno. Escrito de xeito tráxico, o final do partido contra o Mallorca parece sentenzar a un equipo no que é difícil confiar. O gol de Giovani no minuto 93, o único do partido, chegou cando o equipo vigués daba por bo un empate sen goles. Un castigo duro, si, pero tamén merecido para un conxunto que anda absolutamente desnortado cando é o momento de ter a brúxula ben preparada para xogar nun treito de campionato onde non valen os conformismos.

Ler máis...

Pois si, talvez se poida

Pois si, talvez inda se pode. Non vou ser eu quen diga que xa o sabía, que só cumpría acreditar. Pero, en fin, ao final o derbi foi o estímulo que necesitaba o equipo para se espilir antes de que sexa demasiado tarde. Polo de agora, xa se conseguiu por vez primeira en toda a tempada enfiar dúas vitorias consecutivas (ante rivais directos) e a saída do túnel enxérgase preto logo de moitas semanas sen ver a luz. Cómpre, en todo caso, non se deixar levar pola euforia.

Ler máis...

Iago Aspas, trending topic

Se Iago Aspas quería ser protagonista do derbi conseguiuno, abofé. O dianteiro moañés perdeu hoxe gran parte do creto de magnífico futbolista que adquirira nesta súa primeira tempada na Primeira División cunha acción inexplicable, cando inda non se chegara á media hora de xogo, e que deixou vendido ao Celta nun partido crucial.

Ler máis...