1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Tarxeta vermella

Recordo ser moi novo e ler con auténtica turbación o libro Tarjeta roja, en edición do Círculo de Lectores, no que o porteiro Toni Schumacher narraba as escuridades interiores do fútbol alemán. Supoño que daquela, sendo eu un neno, o que me deixou de pedra foron os relatos da promiscuidade sexual nos equipos de fútbol; agora que non hai futbolista sen a súa concursante do Big Brother, esas historias parecen ata inocentes.

Ler máis...

Fernando Vázquez, novo adestrador do Deportivo

Xa é oficial. Fernando Vázquez, o técnico de Castrofeito (O Pino), volve sentar nun banco do fútbol profesional. O Deportivo acaba de anunciar a súa contratación, logo da destitución de Domingos Paciência tras a derrota do sábado ante o Granada en Riazor. Vázquez, quen xa fora adestrador de Celta, Compostela e CD Lugo, terá que afrontar o difícil reto de acadar a permanencia co Deportivo, algo no que poucos acreditan logo da debacle da última xornada. 

Ler máis...

O Celta vai en caída libre

Non se sabe a causa pero o Celta é seguro que non se manexa fóra da casa. Nin tan sequera cando é imprescindible conseguir un resultado que lle saque da zona perigosa, e contra un rival directo pola permanencia, o equipo reacciona. No Sadar, contra Osasuna, outro resultado que non fora a derrota faría crer no equipo, pero non. Caeu por (1-0) e acendéronse, agora si, todas as alarmas. O equipo xa perdeu todo o creto que gañara na temporada.

Ler máis...

Outro partido tolo, outra derrota (2-3)

Un gol de Ricardo Costa no desconto impediulle sumar sequera un punto a un Deportivo que chegou ao descanso con vantaxe no marcador. Foi un partido estrambótico que lembrou demasiado outros episodios vistos xa esta tempada, cando aínda estaba Oltra no banco: fraqueza defensiva, expulsións innecesarias, arbitraxe lamentable e tres puntos que voan de Riazor e deixan ao Dépor máis afundido aínda nas profundiidades da clasificación.

Ler máis...

O efecto Orellana non funcionou

Os golpes seguen a ser duros para o Celta. Desta volta foi en Balaídos e no derradeiro minuto de partido. Unha acción mal defendida por Krohn-Delhi, que permitiu un centro de Joâo Pereira, rematou cun centro do portugués que foi aproveitado polo paraguaio Valdez para conseguir o único gol do partido (0-1), o que lle costou ao Celta quedar pasmado cun resultado que talvez non mereceu.

Ler máis...

No fondo do pozo (3-1)

O Deportivo non cheira a descenso, fede. Hoxe tirou pola borda unha ocasión inmellorable para sumar a súa primeira vitoria da tempada fóra da casa, o prólogo perfecto para recibir a vindeira xornada en Riazor outro rival directo: o Granada. Pero non foi quen e non porque non se lle puxeran as cousas de cara. Poucas veces o Dépor terá unha ocasión como a de hoxe, logo de adiantarse no minuto 10 do partido grazas a unha xogada de penalti e expulsión. Pero non.

Ler máis...

Un punto e moito medo

Unha man de Augusto e a súa conseguinte expulsión ao pouco de comezar a segunda metade complicaron un mal partido do Celta. Ata ese momento o equipo vigués gañaba pola mínima e despois desa acción todo se veu abaixo. O Celta rematou empatando (1-1) e conseguiu aguantar un punto co que se conformou. O equipo tivo, se cadra, a peor tarde da temporada en Balaídos dende a súa volta á Primeira e a ameaza do descenso, a cada xornada que pasa, é máis que unha ameaza.

Ler máis...