O Concello de Guitiriz disputará a Final do Campionato de España xuvenil de fútbol sala
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Sábado, 16 Xuño 2012 14:13
- Escrito por meixide
O Concello de Guitiriz xogará mañá ás 11 da mañá a final do Campionato de España Xuvenil de Futbol Sala, que se está a disputar esta fin de semana no Pabillón dos Rosales da Coruña. O conxunto chairego disputaralle o título aos andaluces do C.D. Virgili de Cádiz, despois de derrotar brillantemente 4-2 ao Tierno Galván de Valladolid e 7-0 ao Alakrana F.S. da Comunidade Valenciana. Os rapaces que adestra Manolo Martínez proclamáranse campións galegos por segundo ano consecutivo o pasado 17 de marzo. Este ano teñen por fin a posibilidade de conseguir o campionato de España despois do meritorio terceiro posto acadado o ano pasado en Marina D´or (Oropesa, Castellón).
FOTO: Foto Suso



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede