1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Pendentes da última xornada

O Burela FS xogarase todo a unha carta no último partido de liga, onde ademáis de gañar, deberá esperar resultados alleos. Con todo, o equipo de Julio Delgado puido pasar o exame que lle faltaba, conseguir gañar a domicilio 3-5, e fixoo cun grande Juanma na pista do Maristas Valencia.

O equipo laranxa conseguiu impoñer o seu ritmo con solvencia e así aproveitar as súas oportunidades para poñerse xa por diante no primeiro minuto de xogo, cando Víctor López fixo o primeiro para o Burela (0-1, Víctor). O Burela buscou o partido, xa que non lle valía outro resultado que non fose a vitoria, pero o Valencia apertou por momentos a meta de Iago Barro, os de Julio Delgado fixeron un traballo defensivo excepcional durante todo o partido e só cederon o tanto do empate, obra de Borja, cando se levaban xogados 19 minutos. A primeira parte rematou con igualada no marcador.

O segundo tempo comezou cun Burela FS poderoso que anotou dous goles en dous minutos (22 e 23) por mediación de Christian e Juanma respectivamente. O capitán burelao colleu as rendas do equipo e tirou del nun partido clave para os laranxas. Con todo por xogar, no minuto 27 Sena conseguiu recurtar distancias no electrónico, así e todo, os mariñáns volveron marcar distancias no electrónico con dous tantos en pouco máis de catro minutos. O resultado final (3-5) deixa o Pescados Rubén en disposición de disputar o acceso ao play off polo ascenso, a falta dunha xornada para o remate da Liga regular, iso si, sempre dependendo doutros resultados, xa que hai cinco equipos que poden verse afectados no seu obxectivo de acadar o Play-Off. Estes equipos son o Martorell, Antequera, Ceuta, Andorra e Burela que é o que estaría agora fóra da promoción. Só hai dous puntos de diferenza entre o sétimo e o décimo primeiro, polo que a última xornada será de infarto para todos eles.

O vindeiro sábado, o Burela FS xógase parte das súas posibilidades en Vista Alegre, ante o Fuconsa Jaén. Será ás 18:00 horas, en horario unificado, e aí terán que conseguir a vitoria e esperar outros resultados, para que o Burela volte a xogar unha vez máis o play-off polo ascenso.