O Lobelle volve caer ante a súa besta negra
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Domingo, 29 Abril 2012 08:32
- Escrito por Com. Lobelle
ElPozo Murcia confírmase como a besta negra do Lobelle Santiago e é que os santiagueses seguen sen gañarlles aos de Duda na casa. Malia que o Lobelle procurou a vitoria dende o primeiro segundo e con maior intensidade na segunda parte, ElPozo atopouse co primeiro gol a favor e máis o segundo aos poucos segundos. O gol de Raúl Campos supuxo un revulsivo para os locais que, arroupados por unha afección envorcada co seu equipo, dispuxeron de inúmeras ocasións ante o gardarredes murciano, pero que vían como ningún dos seus tiros traspasaba a liña de gol. Dous goles finais nos últimos minutos acabaron por afundir a un Lobelle que, en ningún momento, agachou a cabeza e xa pensa no seu seguinte rival o vindeiro venres.
O Lobelle saíu nos primeiros compases do encontro a por todas e tivo un primeiro disparo de Raúl Campos que saíu fóra. Non tardou en chegar outra clara ocasión, desta vez de estratexia dende o recanto, que Hamza disparou contra o porteiro e cuxo rexeite disparou no poste. E foi na primeira chegada dos de Duda á porta de Álex aos tres minutos, cando os murcianos se puxeron por diante tras un rexeite que David empurrou á súa propia porta. Na seguinte xogada, primeira ocasión de ElPozo, chegou o segundo obra de Esquerdinha que rematou dende o segundo pao. O 0-2 supuxo un mazazo para os locais que non acreditaban no resultado. Os seguintes minutos foron de tanteo entre os dous equipos e contra o ecuador da primeira parte, Rubi, Aicardo e David Pazos, dispueron de boas ocasións para o Lobelle, pero a falla de intenidade de ambos os rivais fixo que o marcador non se movera até a segunda parte.
Na reanudación, o Lobell saíu convencido de que podía remontar e aos seis minutos, Raúl Campos coou o balón entre as pernas de Rafa para facer o 1-2, e nos seguintes minutos, as ocasións sucedéronse cada vez máis claras para os locais. Porén, o Lobelle atopouse con cinco faltas demasiado cedo e malia que case todos os xogadores o intentaron, a bola non quixo entrar. A ocasión máis clara tivérona David, Raúl Campos e Luís, que dispararon na mesma xogada a porta sen seren capaces de marcar. A catro minutos do final, Miguelín dispuxo dun libre indirecto tras unha falta no borde da área, marcando o terceiro para ElPozo. Barroso vestíu de porteiro-xogador pero as ocasións seguiron sen entrar e, a dous minutos do final, Saúl sentenciou o partido marcando o 1-4 a porta baleira.
Ficha do partido:
Lobelle de Santiago: Álex, Hamza, Barroso, Luís y Raúl Campos (cinco inicial), Aicardo, Chaguinha, David, David Pazos, Palmas e Rubi
ElPozo Murcia: Rafa, Álex, Kike, Miguelín y Gréllo (cinco inicial) Esquerdinha, Dani Salgado, Bebe, Saúl e Adri
Goles: 0-1 David pp (3’), 0-2 Esquerdinha (4’), 1-2 Raúl Campos (26’), 1-3 Miguelín (36’), 1-4 Saúl (38’)
Árbitros: Del Pozo García y López Jiménez del colegio madrileño
Amonestaciones: cartón amarelo a Rubi, Chaguinha, David Pazos e Carlos Barrón do Lobelle de Santiago e a Álex de ElPozo Murcia
Incidencias: Partido correspondente á vixésimo oitava xornada de liga disputado no Multiusos Fontes do Sar ante 3.500 afeccionados



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede