1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 02-06-2013 09:57

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Extraordinaria remontada do Ázkar Lugo en Talavera (3-4)

Resulta extraordinario o que está a facer Ázkar Lugo na segunda volta do campionato. Non se pode predicir que acontecerá de aquí ao remate da tempada, pero pase o que pase non se lle poderá reprochar nada a este equipo que sae cada partido á cancha cunha determinación fóra do común, independentemente da entidade do rival que teña en fronte. Tampouco se poderá dicir que os rapaces do 'rapaz' Diego Ríos se achican nas circunstancias adversas. Hoxe acabaron por culminar unha conmovedora remontada que serve para se quitar a espiña do gol de Aicardo no último segundo do derbi da xornada pasada. 

O partido comezou cun gol de Antonio Diz para o Ázkar aos cinco minutos. Empatou, porén, axiña Nando para o Talavera no 7 e os toledanos volveron adiantarse no 9 cun gol de Jesús Jimenez. Á volta do descanso, no minuto 22, Kel anotaba o 3-1 que puña o partido moi costa arriba para os lugueses. Pero como diciamos, este equipo non é de rendirse facilmente. Perseverou e Ossorio reducía distancias no 27. Os últimos minutos foron de infarto. O Ázkar asediou a porta contraria con Ossorio exercendo de porteiro-xogador, pero só atopou premio a falta de quince segundos para o remate. Marcaba novamente Ossorio. A euforia desatouse entre os galegos cando a falta de só catro segundos Aranburu facía de falta o 2-4 definitivo. 

A vitoria sitúa ao Ázkar a só un punto do Marfil Santa Coloma, que ocupa o primeiro dos postos que aseguran a permanencia. Os cataláns xogan mañá á tarde ante Carnicer Torrejón. O próximo partido será, precisamente un Ázkar-Marfil santa Coloma que, dependendo do que aconteza mañá, pode servirlle aos lugueses para saír por fin do desacougante antepenúltimo posto da clasificación. 

FOTO: LNFS