Fazaña do Ázkar ante Triman Navarra
- Detalles
- Categoría: Fútbol Sala
- Publicado o Venres, 16 Marzo 2012 23:56
- Escrito por DIOIVO
O Triman saiu mandando ao inicio do partido, tendo a posesión do balón, pero os lugueses agardaron ordenados as súas opcións á contra. O gol chegaría, porén, de falta indirecta no minuto 8 por medio de Aranburu. A partir de aí, o Ázkar soubo aproveitar a ansiedade dos navarros. Iago Rodríguez marcaría dous goles para ampliar a vantaxe dos galegos até o 0-3. O primeiro ao culminar unha fermosa estratexia despois dun córner, e o segundo cun disparo moi escorado en banda. O triman desesperado sacou porteiro xogador a tres minutos para o descanso pero apenas un disparo de Rafa Usín ao pao ameazou a porta de César.
No segundo tempo, o Ázkar mantivo o oficio dos primeiros vinte minutos. Apenas perdeu a concentración defensiva e xeraba perigo cada vez que se achegaba á porta contraria. Iago Rodríguez puido facer o terceiro da súa conta pero estrelou o seu disparo no traveseiro, e segundos despois o Triman marcaba o seu primeiro gol por medio de Jesulito. Era un momento crucial do partido. a falta de doce minutos aínda para o final, os lugueses cometían a súa quinta falta e pouco máis tarde Imanol Arregui volvía sacar a Araça como porteiro-xogador. Pero Diego Ríos soubo administrar as rotacións para manter a frescura en defensa. O gol de Jandri a sete minutos para o final devolvía a tranqulidade. Kiko faría o 1-5 no minuto 35 dende o medio campo e un minuto máis tarde Xuxa establecía o 1-6 definitivo. A partir de aí os navarros entregaron o partido, inda que César tivo tempo aínda de deter un penalti no último minuto
O Ázkar está a un punto do Marfil Santa Coloma para abandonar o posto de promoción e a dous do Ríos Renovables que hoxe perdeu (5-1) na cancha do Inter Movistar.
Na vindeira xornada chega o agardado derbi contra Lobelle.
Ficha técnica:
Triman Navarra 1: Juanito, Araça, Roberto, Jesulito e Rafa Usín, -cinco inicial-, Ximbinha, Mimi, Isi, Carlitos e Juanra.
Azkar Lugo 6: César, Juanpe, Kiko, Jandri e Bruninho, -cinco inicial-, Aranburu, Dani Martín, Jhony, Antonio, Xuxa e Iago Rodríguez.
Árbitros: Arce Ruíz e De Juana González. Amoestaron con cartón amarelo a Aranburu (Azkar).
Incidencias: 22ª xornada de liga na 1ª división. Pavillón Universitario de Navarra. Uns 2000 espectadores.
Goles: 0-1 min. 8 Aranburu, 0-2 min. 12 Iago Rodríguez, 0-3 min. 13 Iago Rodríguez, 1-3 min. 24 min. Jesulito, 1-4 min. 33 Jandri, 1-5 min. 34 Kiko e 1-6 min. 35 Xuxa.
FOTO: Ázkar Lugo



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede