Daniel, coroceiro nacional 2013
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Martes, 28 May 2013 07:51
- Escrito por Marcos Fernández
Marrozos foi o lugar e Daniel o coroceiro nacional. Impresionantes, un ano máis, os play off da LNB. Este 2013 era un ano sinalado. Logo de ter como sede fixa das finais nacionais as instalacións deportivas de Conxo, houbo que trocar a ubicación e optouse polo campo de terra de Marrozos, tamén en Compostela, e sen dúbida foi un acerto. A sempre fundamental xestión de Mario, de Xogos Tradicionais de Compostela e da AA.VV de Marrozos foron claves no éxito desta xornada.
Carme conquista Bretoña, o berce da LNB
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Luns, 08 Abril 2013 14:44
- Escrito por Marcos Fernández
A Liga Nacional de Billarda voltou, anos despois, ao lugar que a viu nacer: Bretoña. Da man dos Extensión Billarda, equipo local, que en colaboración coa A.C.D. O Varal fixeron posible o I Aberto das Freces. Antes de comezar, o seleccionador nacional Manolo Flores, fixo o ritual da bendición de paláns con auga turba. Pode ser que fose isa a causa da rebeldía dos, a priori, palanadores máis modestos que propiciaron erros dos principais favoritos.
Charli, dos Carabullo, é o novo Rei das Tartas
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Luns, 25 Febreiro 2013 11:45
- Escrito por Marcos Fernández
Inmellorable marco o que albergou a oitava xornada da Conferencia Norleste de Billarda. Nin máis nin menos que a Alameda dos Remedios en Mondoñedo, sitio emblemático onde se celebra a mítica festa e feira das San Lucas. Máis de medio cento de palanadores se achegaron nunha tarde que ameazaba choiva, e que nos agasallou cun pequeno golpe de granizo, pero non amedrentou á intrépida tribu billardeira, que non só se conformou co Aberto da Tarta, oficial puntuable pra LNB, senón que logo a Praza do Concello foi a que acolleu o Abertinho do Botelo.
O Galo da LNB atopa curral en Remourelle
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Mércores, 19 Decembro 2012 11:03
- Escrito por Marcos Fernández
Chegaba unha data mítica na Liga Nacional de Billarda: O Aberto do Galo en Ribadeo. Un Aberto que é especial por ser o último do ano e o Apalpador fai acto de presencia e tamén por ser unha das fontes de inspiración de Toño Randeeira cando compuxo a canción “Billarda” que musicaron os Zënzar e que formou parte do “República Billarda”.
O 'comandante' Eric conquistou Lugo
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Martes, 19 Marzo 2013 10:24
- Escrito por Marcos Fernández
A bandeira venezolana, en homenaxe ao comandante Chávez, presidiu o VI Aberto Cidade de Lugo, perfectamente xestionado por Madia Leva e pola Liga Nacional de Billarda. O ceo anunciaba dioivo e así foi. Houbo que trocar a pista de herba artificial da Piringalla pola do pavillón do IES Ánxel Fole. Preto de sesenta palanadores se deron cita para a disputa do Aberto, uns cantos chegados desde a Conferencia Rías Baixas, que fixeron se cabe máis competida a maravillosa tarde de billarda.
Charli conquista Meira a golpe de varado
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Luns, 04 Febreiro 2013 11:26
- Escrito por Marcos Fernández
A séptima xornada da Conferencia Norleste tivo que xogarse a cuberto. A praza do Convento de Meira, marco incomparable, tivo que ser sustituida polo pavillón municipal. Malia o carácter indomable dos palanadores da LNB, as adversas condicións meteorológicas fixeron imposible xogar ao aire libre.
O Aberto de Flores resucita aos Remourelle Bulls
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Venres, 23 Novembro 2012 10:50
- Escrito por Marcos Fernández
A LNB rendiulle visita esta fin de semana ao seleccionador nacional. San Miguel de Reinante vistiuse de gala pra disputalo III Aberto de Flores. No marco incomparable do campo da festa, diseñáronse tres pistas alternativas debido ao gran número de palanadores que se deron cita e por medo á que a noite se botase enriba. As pistas de pádel a carón do terreo de xogo están totalmente iluminadas, aínda que ficaron vacías toda a tarde, mentras que a cancha billardeira, repleta de xente, non contaba con ningún tipo de iluminación.
Máis artigos
- Richard e os 'tropa lixeira' arrasan na Pontenova
- Eric, un bo peixe
- Os Riboutros conseguen o año do Interparroquial
- Rubén Otero proclámase coroceiro nacional
- Todo preparado en Conxo para a gran festa nacional da billarda
- Galiza venceulle a Euskal Herría (6-3)
- Markitos conquistou o título en Remourelle
- O Marisco do Cortello da LNB é pra Coedo
- TodoBierzo Billarda Experience, o brutal estourido do rexurdir billardeiro no Bierzo
- A LNB tomou a cidade das murallas
- Desfile de estrelas en Cerceda
- Así é a Liga Nacional da Billarda



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede