1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 02-06-2013 09:57

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Daniel, coroceiro nacional 2013

Marrozos foi o lugar e Daniel o coroceiro nacional. Impresionantes, un ano máis, os play off da LNB. Este 2013 era un ano sinalado. Logo de ter como sede fixa das finais nacionais as instalacións deportivas de Conxo, houbo que trocar a ubicación e optouse polo campo de terra de Marrozos, tamén en Compostela, e sen dúbida foi un acerto. A sempre fundamental xestión de Mario, de Xogos Tradicionais de Compostela e da AA.VV de Marrozos foron claves no éxito desta xornada.

Ler máis...

Carme conquista Bretoña, o berce da LNB

A Liga Nacional de Billarda voltou, anos despois, ao lugar que a viu nacer: Bretoña. Da man dos Extensión Billarda, equipo local, que en colaboración coa A.C.D. O Varal fixeron posible o I Aberto das Freces. Antes de comezar, o seleccionador nacional Manolo Flores, fixo o ritual da bendición de paláns con auga turba. Pode ser que fose isa a causa da rebeldía dos, a priori, palanadores máis modestos que propiciaron erros dos principais favoritos.

Ler máis...

Charli, dos Carabullo, é o novo Rei das Tartas

Inmellorable marco o que albergou a oitava xornada da Conferencia Norleste de Billarda. Nin máis nin menos que a Alameda dos Remedios en Mondoñedo, sitio emblemático onde se celebra a mítica festa e feira das San Lucas. Máis de medio cento de palanadores se achegaron nunha tarde que ameazaba choiva, e que nos agasallou cun pequeno golpe de granizo, pero non amedrentou á intrépida tribu billardeira, que non só se conformou co Aberto da Tarta, oficial puntuable pra LNB, senón que logo a Praza do Concello foi a que acolleu o Abertinho do Botelo.

Ler máis...

O Galo da LNB atopa curral en Remourelle

Chegaba unha data mítica na Liga Nacional de Billarda: O Aberto do Galo en Ribadeo. Un Aberto que é especial por ser o último do ano e o Apalpador fai acto de presencia e tamén por ser unha das fontes de inspiración de Toño Randeeira cando compuxo a canción “Billarda” que musicaron os Zënzar e que formou parte do “República Billarda”.

Ler máis...

O 'comandante' Eric conquistou Lugo

A bandeira venezolana, en homenaxe ao comandante Chávez, presidiu o VI Aberto Cidade de Lugo, perfectamente xestionado por Madia Leva e pola Liga Nacional de Billarda. O ceo anunciaba dioivo e así foi. Houbo que trocar a pista de herba artificial da Piringalla pola do pavillón do IES Ánxel Fole. Preto de sesenta palanadores se deron cita para a disputa do Aberto, uns cantos chegados desde a Conferencia Rías Baixas, que fixeron se cabe máis competida a maravillosa tarde de billarda.

Ler máis...

Charli conquista Meira a golpe de varado

A séptima xornada da Conferencia Norleste tivo que xogarse a cuberto. A praza do Convento de Meira, marco incomparable, tivo que ser sustituida polo pavillón municipal. Malia o carácter indomable dos palanadores da LNB, as adversas condicións meteorológicas fixeron imposible xogar ao aire libre.

Ler máis...

O Aberto de Flores resucita aos Remourelle Bulls

A LNB rendiulle visita esta fin de semana ao seleccionador nacional. San Miguel de Reinante vistiuse de gala pra disputalo III Aberto de Flores. No marco incomparable do campo da festa, diseñáronse tres pistas alternativas debido ao gran número de palanadores que se deron cita e por medo á que a noite se botase enriba. As pistas de pádel a carón do terreo de xogo están totalmente iluminadas, aínda que ficaron vacías toda a tarde, mentras que a cancha billardeira, repleta de xente, non contaba con ningún tipo de iluminación.

Ler máis...