Os Riboutros conseguen o año do Interparroquial
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Luns, 02 Xullo 2012 18:01
- Escrito por Marcos Fernández
Os ribadenses Riboutros foron os mellores no Torneo Interparroquial 2012 e conseguiron levar o año mouro da LNB (que este ano foi albino) para o seu cortello.
O inmellorable marco do campo de fútbol da área recreativa da Devesa acolleu un gran número de palanadores que chegaron todos eles dispostos a facerse co año, divididos en seis equipos: Riboutros, Ribilleiros, Remourelle, CompromisoLNB, Meira e Liriu-Asturies.
Pouco máis das doce e media da maña daban comezo os enfrontamentos, e pese a que durante a mañá Meira lideraba a clasificación facendo tremer aos favoritos, na xornada da tarde non aguantarón o tirón dos Riboutros, sendo os Guille, Reyes, Eric, Elena e Geni os grandes triunfadores.
Pola contra os debutantes CompromisoLNB tiveron que conformarse coa culler de pao que habitualmente leva como agasallo o derradeiro clasificado, facendo tan só un punto menos que Remourelle, que tivo un día bastante desafortunado.
Pouco despois de rematar o torneo, a festa continuou no Pub Rockuncho de Ribadeo, onde o cantautor Miguel Alonso fixo o concertó-presentación do doble cd “República Billarda” e o Dj Año Mouro continuou ata altas horas.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede