Galiza venceulle a Euskal Herría (6-3)
- Detalles
- Categoría: Billarda
- Publicado o Luns, 14 May 2012 20:49
- Escrito por X. M. Pérez Blecua
O sábado 12 de Maio no polideportivo da Cañota en Marín desputouse un encontro amigábel de Billarda entre a seleccións galega e basca. O encontro de billarda estaba dentro das actividades da Asociación Cultural Almuinha na súa festa da lingua.
Esa mesma mañán chegou o combinado de Euskal Herría a Marín onde fixeron un pasarrúas simulando un entroido tradicional basco ante a sorpresa da xente de Marín que atopaban ao seu paso. Despois celebrouse un xantar de confraternización entre ambas seleccións como festa previa ao gran partido. E chegou a hora do encontro. Nun pavillón ateigado de xente desfilaron as dúas seleccións nacionais. Sonaron os himnos de cada país e comezouse a xogar a billarda. Os encontros ían disputandose con moita igualdade e tralas primeiras carreiras o marcador estaba moi axustado. Os ánimos dos afeccionados galegos axudaron a que a selección galega se puxese por diante e tralo paso do tempo, os nervios apoderaronse dos xogadores vascos que non deron aguantado o ritmo imposto polos galegos e que remataron cun resultado de 6-3 a favor dos galegos. Remataba o encontro internácional co claro triunfo da Auténtica (termo co que os afeccionados se refiren a selección galega de billarda).
Ambiente de irmandade tralo partido e os bascos esixindo xa unha revancha en terras de Euskal Herría. Así que proximamente a Auténtica desplazarase ate aquelas terras para a desputa dun novo encontro de billarda.
Galiza venceu e volve a recuperar a hexemonía deste deporte despois da derrota sufrida ante o combinado catalán na última ocasión. O público presente no pavillón ovacionou cun grande aplauso a selección galega a hora de recoller o trofeo como gañador do amigabel. Gran sábado en Marín e claro paso adiante da billarda no seu obxetivo de conseguir que outro deporte sexa posibel.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede