1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

O Octavio só resiste un tempo ante Ademar León

O Academia Octavio sumou hoxe unha nova derrota (21-30) na Liga Asobal, inda que neste caso era previsible pois recibía nas Travesas ao terceiro clasificado, o Ademar León. O equipo de Isidoro Martínez chegou a Vigo coa cabeza posta no partido da fin se semana, de volta da Liga de Campións, ante o Fuchse Berlín. Por iso reservou homes importantes como o porteiro Víctor Álamo e o extremo Denis Krivochlykov. O Academia Octavio deu unha boa imaxe no primeiro tempo, no que foi quen de manter a igualdade no marcador. De feito, o partido comezou cun parcial de 2-0 para os galegos grazas a senllos goles de Raúl Nantes. Porén axiña reaxíu o Ademar e o resultado ao remate da primeira media hora era de 12-13. A resistencia galega durou até o minuto 4 do segundo tempo (14-14). Un parcial de 3-0 para os leoneses acabou coas forzas dos académicos e a distancia no marcador foise ampliando até o 21-30 final. Con este resultado, o Octavio mantén a súa pésima xeira de resultados (ningunha vitoria no que vai de 2012) e segue a ocupar o posto 13 da táboa á espera do que fagan os seus inmediatos perseguidores Antequera e BM Huesca.

 

FICHA TÉCNICA: 

21 Academia Octavio: Javi Díaz, Edu Moledo (1), Rafa Dasilva (1), Cacheda (4), Raúl Nantes (5), Cerqueira (3) y Cerillo (1) -equipo titular- Jabato, Vargas (1), Víctor Frade (1), Polakovic (3,1p), Fran González (1) e Macías.

30 Reale Ademar León: Losert, Cabanas (2), Álvaro Ferrer, Carou, Andreu (3), Antonio García (7) y Borges (5) -equipo titular- Carlos Ruesga (2), Rafa Baena, Goñi (1), Dipanda (3,1p), Dalibor Cutura (4) e Stranovsky (3p).

Marcador cada cinco minutos: 3-3, 5-5, 6-8, 8-8, 9-10, 12-13 (descanso); 14-15, 16-18, 17-19, 17-23, 19-25 y 21-30.

Árbitros: Ruiz González e Zapico Fernández (colegio asturiano). Excluíron a Vargas (2) e Víctor Frade por parte do Academia Octavio, e a Dipanda, Goñi, Borges, Stranovsky e Andreu por parte do Reale Ademar León.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo sexta xornada da Liga Asobal disputado no pabillón municipal das Travesas ante uns 350 espectadores.