1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 18-05-2013 10:33

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

O Barça amarga a festa ao Real Madrid e o Palau ditará sentenza

Malia a malleira de fai dous días o Barcelona foi capaz de se recuperar e volver poñer do seu lado a Final da Liga ACB. Venceu en Madrid no cuarto partido (75-81), polo que o desenlace desta emocionante e definitiva serie resolverase o vindeiro sábado no Palau de Barcelona. Aos madridistas amargáronlles a festae en Barcelona volven soñar co título.

Ler máis...

O Real Madrid afunde ao Regal Barça e ponse a unha vitoria de ser campión

Non atopou rival. Xogou con el como o neno que aliña aos seus ‘pokemons’ en fila india e lles lanza unha pelota para probar a súa puntería e regalarse co resultado. Así tratou o Real Madrid ao Barcelona no terceiro partido desta final da Liga ACB. Vinteseis puntos de diferenza que puideron ser máis, quen sabe, se os de Laso non se dedicaran a recrearse no derradeiro cuarto, co rival xa pensando no próximo dó.

Ler máis...

'Marcelinhazo'

O noso cronista do Obradoiro, Manel González, coméntanos agora a final da Liga ACB, comezando polo emocionante primeiro partido: Unha tripla sobre a bucina do base brasileiro certifica a épica remontada do Regal Barça no primeiro partido da Final da Liga Endesa. O Real Madrid chegou a ir gañando de 17 puntos no terceiro cuarto. Navarro, Mickeal e Lorbek, artífices da machada.

Ler máis...

O COB Ourense desaproveitou a primeira bóla de partido para certificar o ascenso

Non puido ser. O COB non aproveitou a súa primeira 'bóla de partido' para ascender á LEB Ouro. Perdeu na cancha do Prat Joventut por 80-67. Os galegos fixeron un partido discreto, segundo contan as crónicas, e chegaron a ir perdendo de 25 puntos, se ben no treito final do partido puxeron en certos apuros ao conxunto catalán. O venres chega a segunda oportunidade para certificar o ascenso. Será novamente no pavillón Joan Busquets do Prat de Llobregat. No caso de que o Augas de Sousas volvese perder, habería que xogar o partido definitivo no Paco Paz de Ourense.

Ler máis...

O Real Madrid devolve o golpe

Case sen tempo para asimilar o ‘marcelinhazo’ que no primeiro partido fixo peneirar os alicerces do Palau o madridismo recupera a fe grazas a unha remontada que, se ben non acadou a espectacularidade da protagonizada polo Barça o mércores, si vai traspasar a condición de favorito ao título ao Real Madrid. Coa eliminatoria empatada a unha vitoria, os de Pablo Laso terán o factor campo a favor.

Ler máis...

O Club Ourense Baloncesto certificou o seu ascenso á LEB Ouro

O Club Ourense Baloncesto xa é equipo de LEB Ouro despois de impoñerse con brillantez, no Prat de Llobregat, ao Prat Joventut por 69-88. Os galegos foron despexando o camiño cara a vitoria a partir dun gran segundo cuarto, no que o parcial de 16-29 deixou o partido de cara (36-47). Na reanudación tras o descanso, o COB non baixou a intensidade e ampliou a vantaxe até cifras inalcanzables para os cataláns que acabaron baixando os brazos. Alberto Miguel e Koffi foron os máximos anotadores do equipo con 18 puntos. 

Ler máis...

O COB Ourense ás portas da LEB Ouro

Ao COB Ourense non lle queda máis ca unha vitoria para certificar o seu ascenso á Liga LEB Ouro. Hoxe cumpriu máis unha vez na súa cancha, no Paco Paz, e impúxose con claridade (64-52) ao equipo catalán. Agora toca viaxar ao Prat de llobregat para intentar culminar o traballo co ascenso o próximo mércores. 

Ler máis...