1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 19-05-2013 19:58

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Sar-vados!!!

O Obradoiro acadou esta noite a permanencia un ano máis na Liga ACB despois de gañarlle nun ateigado pavillón do Sar ao Valencia por 76-62. As triples de Corbacho, e o poderío de Lasme no primeiro tempo e de Junyent no segundo, foron fundamentais para asegurar a vitoria que supón un fito histórico para o baloncesto compostelán. O público do Sar, que non deixou de animar en toda a noite, celebrouno cantando o "Miudiño"

Ler máis...

Un tropezo que pode custar moi caro

O Obradoiro perdeu 81-75 na súa visita ao Blancos de Rueda Valladolid. É unha derrota especialmente dolorosa pois os pucelanos son un equipo xa descendido a Liga LEB. Os santiagueses están condenados a sufrir nas dúas xornadas que quedan de Liga. Afortunadamente, o Estudiantes perdeu tamén na súa visita a Manresa e permanece no penúltimo posto. No Obradoiro, Lasme con 18 puntos e Kendall con 17 foron os prinicipais anotadores. 

Ler máis...

Dura derrota do Obradoiro que complica a permanencia

Derrota do Obradoiro en Madrid ante o Estudantes (79-62). O equipo galego podía certificar cunha vitoria hoxe a súa permanencia na Liga ACB, pero perdeu o partido e máis o basket average ante os madrileños que están só a unha vitoria. O equipo de Moncho Fernández non se pode permitir máis tropezos nos tres partidos que quedan. O próximo é de vitoria obrigada ante Blancos de Rueda Valladolid, que vén de certificar o seu descenso á Liga LEB.

Ler máis...

O Breogán respira grazas a un extraordinario Feldeine

O Breogán venceu 63-80 na cancha do Granada. Era unha vitoria obrigatoria ante o penúltimo calsificado. James Feldeine foi o gran protagonista cun auténtico recital ofensivo. O xogador de orixe dominicana anotou 29 puntos, 23 deles no primeiro tempo que axudaron a romper o partido antes do descanso. A outra gran noticia foi o retorno de Chema González despois de tres meses de baixa por mor da trombose venosa que sufrira nun brazo. 

Ler máis...

O Breogán xa está en playoffs. Primeiro rival: Menorca

O Breogán asegurou a súa presenza nos playoffs de ascenso á Liga ACB despois de derrotar esta noite 80-71, no Pazo, ao Ford Burgos. unha vez máis james Feldeine, con 23 puntos, foi o máis destacado dos lugueses. Notable tamén o partido de Manu Gómez e Carlos de Cobos. O rival do Breogán no playoff será o Menorca. Os baleares contarán co factor cancha ao seu favor. 

Ler máis...

Pisada de coloso

A mellor defensa da historia do Obra seca ao Gran Canaria 2014 (65-45) e coloca aos composteláns máis preto da salvación

Ler máis...

Ao Obradoiro volveulle sobrar o último cuarto

O Obradoiro volveu de Sevilla cunha nova derrota (79-59), inda que ofreceu unha digna imaxe no Palacio de los Deportes de San Pablo. Máis unha vez, aos de Moncho Fernández sobroulles o último cuarto. Os sevillanos cun parcial de 12-0 romperon o marcador finalmente no comezo do último cuarto. Até o daquela, os santiagueses deran a cara grazas, sobre todo, ás boas actuacións individuais de Deron Washington e Stéphane Lasme. 

Ler máis...