1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 02-06-2013 09:57

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

O Obradoiro consegue vencer no Palau por primeira vez na súa historia (54-62)

O Obradoiro fixo historia esta tarde no Palau Blaugrana ao vencer 54-62 ao Barcelona. É a primeira vez que o equipo da capital de Galicia conquista o Palau, e despois de trece xornadas comparte cos cataláns posto na táboa, con sete vitorias e seis derrotas. O soño da Copa vese factible logo das tres últimas xornadas dos galegos, coa espectacular vitoria en Málaga, o máis que digno partido ante o Madrid, e a 'fazaña' de hoxe no Palau.

Ler máis...

Imparábeis: o Obra firma o ‘tres de tres’ diante dun perigoso CB Canarias (71-68)

Galiza pode seguir presumindo, unha semana máis, de equipo líder na segunda mellor liga do mundo. Os pupilos de Moncho Fernández veñen de conquistar a terceira vitoria consecutiva (71-68) diante dun CB Canarias ascendido e supostamente deprimido tras perder nas dúas xogadas anteriores. Supostamente, claro, porque os das illas chegaron a Sar para poñer moi cara a vitoria. Tanto, que nos últimos segundo tiveron a chance de empatar o partido e levalo ao tempo suplementario.

Ler máis...

O novo Obra arranca con triunfo (83-78) diante do Assignia Manresa

Xa devecía a parroquia de Sar por volver ateigar Sar ao berro do ‘Miudiño’. Gañas que aumentaban progresivamente en verán a medidaque a dirección técnica facía méritos á hora de confeccionar unha nova escadra para esta tempada. E non decepcionou no debut. O Blusens Monbus, moi serio, bateu a un Assignia Manresa (83-78) que non baixou os brazos en ningún momento. Levon Kendall, Andrés Rodríguez e Oriol Junyent, vella garda obradoirista, encabezaron o triunfo ben secundados pola recua de ‘novatos’.

Ler máis...

Este ano tocáballe a Miami, este ano tocáballe a Lebron James

Miami proclamouse campión da NBA despois de derrotar a Oklahoma City Thunder no quinto partido. Lebron James, que consegue o seu primeiro anel de campión, foi escollido MVP das finais, despois dun partido no que fixo triple dobre (26 puntos, 11 rebotes e 13 asistencias). O acerto nos triples foi determinante para a vitoria dos de Florida (Espectacular o 7 de 8 dende a liña de tres de Mike Miller).

Ler máis...

O Obra consegue en Fuenlabrada (71-79) unha vitoria histórica

Nunca lograra o Obradoiro, na súa xa veterana historia –o sábado o club compostelán cumpría 42 anos de vida-, encadear dous triunfos consecutivos nun arranque ligueiro na máxima competición estatal. Foi a domicilio, e no Fernando Martín de Fuenlabrada, onde os de Moncho Fernández voltaron dinamitar a Liga Endesa e acadaron unha merecida vitoria tras un intenso encontro que terminaron por desnivelar Salah Mejri e Alberto Corbacho (26 e 21 puntos de valoración, respectivamente).

Ler máis...

A ´Miudiño Connection' e un proxecto ilusionante

Disputado xa e conquerido polo Real Madrid o título da Supercopa, antesala da Liga Endesa, unha nova edición da segunda mellor liga do planeta dará comezo o vindeiro sábado día 29. Se poucas dúbidas existen sobre unha enésima demostración de poderío bicéfalo catalano-castizo no máis alto da táboa, unha das maiores incógnitas deste curso recae no rendemento do, unha tempada máis, único equipo galego na máxima competición. O Blusens Monbus Obradoiro tentará repetir os éxitos da 11-12.

Ler máis...

Regal Barça, senlleiro campión con aroma galego

O conxunto azulgrana ven de conquistar o seu decimo sétimo título de Liga tras vencer 73-69 ao Real Madrid no quinto partido da Final – O chantadino Fran Vázquez, principal artífice da vitoria – Erazem Lorbek, MVP da serie

Ler máis...