1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 02-06-2013 09:57

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Os Gaels arrasan

O Torneo da Coruña do Campionato Ibérico de fútbol gaélico serviu para constatar o dominio dos Barcelona Gaels, tanto na competición masculina como na feminina. Os club catalán permanece invicto este ano logo dos partidos do día 13 de abril en Acea de Ama. Dende o 2009 en homes e dende o 2008 en mulleres, os Gaels non conquistaron a liga ibérica. Mais, á falta de dous torneos (Barcelona e Madrid), todo apunta a que este ano volverán a levantar a copa ó final da tempada.

Ler máis...

Iberia en xogo

A Coruña volverá ser a capital ibérica do fútbol gaélico por un día. Será o sábado 13 de abril de 2013, concretamente no Complexo Deportivo de Acea de Ama, en Culleredo, que acollerá o Torneo da Coruña do Campionato Ibérico, segunda proba da tempada. Sete equipos masculinos e catro femininos participarán neste evento, que ten lugar nuns días de parón da Liga Galega de sete contra sete.

Ler máis...

Liga Galega con sorpresa

Comezou na véspera do San Patricio a Liga Galega de 7 contra 7 de fútbol gaélico con citas na Coruña e na Estrada. Tratábase dos dous derbis locais. Aos pés da Torre de Hércules e ó carón da estatua de Breogán, os Fillos do mito castrexo desfixéronse do seu equipo irmán, Ártabros de Oleiros, por un punto. Xa avisaran os de negro o sábado anterior, perdendo de só dous puntos. Así, malia poñerse por diante no marcador cun 4-0, os Fillos de Breogán déronlle a volta ó marcador e xa no descanso mandaban por 12-8.

Ler máis...

Xornada de vitorias herculinas

A segunda xornada da Liga Galega de 7 contra 7 de fútbol gaélico tivo lugar o sábado 23 de marzo na Cidade Deportiva da Torre de Hércules. Exercían de anfitrións A Coruña Fillos de Breogán e Ártabros de Oleiros. Ambos os dous conxuntos da bisbarra coruñesa acadaron dúas importantes vitorias ante os visitantes Irmandinhos A Estrada e Mecos Ogrobe. 

Ler máis...

San Patricio gaélico galaico

A fin de semana de San Patricio será este ano moito máis gaélica do que foi nunca. O sábado 16 de marzo comeza a Liga Galega de sete contra sete de fútbol gaélico. O deporte nacional irlandés toma as terras galaicas xusto na véspera do patrón da Illa. A Cidade Deportiva da Torre de Hércules acollerá o derbi coruñés a partir das 14.30 h: A Coruña Fillos de Breogán-Ártabros de Oleiros. O clube pioneiro do fútbol gaélico en Galicia protagoniza este duelo fratricida que abre a primeira liga oficial deste deporte en Galicia.

Ler máis...