1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

A Estrada adoece polo fútbol gaélico

Os Irmandinhos da Estrada son un caso único. Da iniciativa de Alberto Suárez para crear un equipo do deporte irlandés por excelencia na súa vila non hai máis de dous meses e o club xa é unha realidade. O pasado sábado, os Irmandinhos debutaron no seu primeiro partido ante os Fillos de Breogán no Campo da Figueroa en terras estradenses. A evolución deste equipo é meteórica.

Ler máis...

Belgium GAA conquista Europa

A pasada fin de semana rematou a tempada de fútbol gaélico en Europa coa terceira ronda do Paneuropeo realizada en Mastrique, nos Países Baixos. Co título do Shield (o segundo nivel no fútbol gaélico masculino) xa practicamente decidido para escadra sueca de Malmo, faltaba coñecer os campións absolutos masculino e feminino. Na competición feminina, Belgium GAA repetiu triunfo acadando o seu quinto título consecutivo. Unha das súas integrantes, a española Anay, participou este ano nalgún torneo do Campionato Ibérico formando parte do plantel das Fillas de Breogán

Ler máis...

O campionato da tradición

O fútbol gaélico en Irlanda, como o hurling, xógase ao máximo nivel nos campionatos das seleccións dos condados. Os mellores xogadores de cada un dos trinta e dous condados da illa son seleccionados para representar a súa zona. Os seleccionadores escollen entre os clubes locais e, cando chegan os partidos finais do All-Ireland, cada irlandés presume de condado vestindo as cores propias. É, logo, o máis salientable e o máis mediático, pero non é a cerna dos deportes gaélicos. A base son os clubes, os equipos dos que cada condado escolle os mellores futbolistas para competir a nivel estatal. 

Ler máis...

Mastrique, capital europea gaélica

Dende 1992, coñecemos a vila limburguesa de Mastrique por Maastricht. Ese ano asinouse o Tratado da Unión Europea nesa cidade dos Países Baixos e, por arte de maxia, o topónimo histórico de Mastrique (tanto en galego como en castelán) cedeu ante o topónimo neerlandés Maastricht. Pois ben, nesa localidade que chamo Mastrique ten lugar este sábado 10 de novembro o último torneo do Paneuropeo de fútbol gaélico. Mastrique será por un día a capital europea do fútbol gaélico acollendo a ronda final do Campionato Europeo, o European Shield (algo así como a Liga Europa do fútbol) e o Campionato Europeo feminino.

Ler máis...

Unha liga galega?

O outono do 2012 parece unha data clave no futuro do fútbol gaélico en Galicia. Os primeiros adestramentos de Suévia en Santiago de Compostela e dos Irmandinhos na Estrada xunto co inicio dos proxectos dos Corvos en Pontevedra e Faísca en Vigo permiten ver o día de mañá con optimismo. Non obstante, cómpre reflexionar sobre cales son os pasos precisos que hai que dar para seguir nun camiño que permita establecerse e medrar a este deporte no noso país.

Ler máis...