Con espazos e actitude muda o conto
- Detalles
- Categoría: Crónicas da Eurotaça
- Publicado o Sábado, 16 Xuño 2012 15:19
- Escrito por Carlos Meixide
Francia impúxose 0-2 a Ucrania na segunda xornada do Grupo B, nun partido marcado polo dioivo, pola tormenta eléctrica que arrasou Donetsk e obrigou a suspender o partido durante 58 minutos. Ménez, que entraba no equipo titular, fixo o 0-1 no minuto 53 do partido. Apenas tres minutos máis tarde, Johan Cabaye marcaba o 0-2 que afundía as esperanzas dos ucranianos.
Dous goles de Mario Gómez desafiuzan a Holanda
- Detalles
- Categoría: Crónicas da Eurotaça
- Publicado o Xoves, 14 Xuño 2012 14:54
- Escrito por Carlos Meixide
Alemaña está practicamente en cuartos despois de vencer 2-1 a Holanda na segunda xornada do Grupo B. Holanda xa debe estar a procurar billetes de avión para voltar a casa. As súas opcións de clasificación son mínimas e pasan en todo caso por derrotar na última xornada á complicada Portugal. Mario Gómez, con dous grandes goles adiantou aos alemáns no primeiro tempo. Van Persie fixo o gol que lle deu esperanzas aos holandeses. Finalmente non foron capaces de acadar o empate.
Unha afouta Polonia empata ante a potente Rusia
- Detalles
- Categoría: Crónicas da Eurotaça
- Publicado o Martes, 12 Xuño 2012 21:17
- Escrito por Carlos Meixide
Polonia e Rusia empataron (1-1) despois dun partido vibrante no que a selección rusa que dirixe Dick Advocaat se adiantou no marcador antes do descanso grazas a un gol de cabeza do osetio Dzagoev, que xa suma tres e é o máximo goleador da Eurocopa. Polonia non agachou a cabeza e tras o descanso procurou con afouteza o empate. Acadouno Blaszczykowski cun espléndido zurdazo tras pase de Piszczek.
Silvestre Varela e Paulo Bento ao rescate de Portugal
- Detalles
- Categoría: Crónicas da Eurotaça
- Publicado o Xoves, 14 Xuño 2012 13:03
- Escrito por Carlos Meixide
Portugal venceu a Dinamarca no partido da segunda xornada do Grupo B, grazas a un gol a catro minutos do final de Silvestre Varela. Os dinamarqueses, con dous goles de cabeza de Bendtner, conseguiran remontar o 2-0 inicial de Portugal despois dos goles de Pepe e Hélder Postiga. Na última xornada, a selección de Paulo Bento terá que xogarse a clasificación ante Holanda.
A mala sorte e os árbitros teiman en botar a Grecia da Euro
- Detalles
- Categoría: Crónicas da Eurotaça
- Publicado o Martes, 12 Xuño 2012 18:35
- Escrito por Carlos Meixide
A República Checa venceu a Grecia (2-1). Os checos adiantáronse no marcador con dous goles nos primeiros cinco minutos do partido. Primeiro marcou Jiracek e máis tarde Pilar, quen xa iguala con dous tantos a Dzagoev e Mandzukic como máximo goleador do torneo. Os gregos volveron entrar no partido no segundo tempo despois dun erro garrafal de Petr Cech. Nos últimos minutos Grecia acosou a área checa pero foi incapaz de acadar o empate. O árbitro anulou un gol legal de Grecia antes do descanso por fóra de xogo.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede