Quen pode parar a James Harden?
- Detalles
- Categoría: A Charanga da NBA
- Publicado o Sábado, 03 Novembro 2012 18:04
- Escrito por Xosé d´o Noso
A dous días de que dese comezo a competición chegou o bombazo: o traspaso máis chamativo, por inesperado, da pretempada da NBA. O General Manager Sam Presti decidía desfacer o núcleo dos prometedores Thunder de Oklahoma, o aspirante máis crible para o título, ao non renovar o contrato de James Harden, o extraordinario escolta que exercera á perfeizón o papel de sexto home no plano urdido nas dúas últimas tempadas por Scott Brooks. As barbas máis molonas da NBA facían as maletas para se mudaren a Houston
A Charanga está de volta!
- Detalles
- Categoría: A Charanga da NBA
- Publicado o Mércores, 31 Outubro 2012 18:25
- Escrito por Xosé d´o Noso
Comezou a nova tempada da NBA, conmocionada aínda polo sorprendente traspaso de James Harden aos Houston Rockets e o anuncio de David Stern de que abandonará o seu cargo de comisionado da NBA en febreiro de 2014. Fíxoo con tres partidos, algúns deles entre auténticos pesos pesados da competición, como a reedición da última Final da Conferencia Leste entre Boston Celtics e os actuais campións Miami Heat, nun partido marcado polo enorme morbo de ver ao gran Ray Allen fardado coa camisola dos Heat ante o seu ex-equipo: Boston Celtics.
Bátelles no papo
- Detalles
- Categoría: A Charanga da NBA
- Publicado o Mércores, 20 Xuño 2012 11:54
- Escrito por Xosé d´o Noso
Miami Heat venceu no cuarto partido e xa está a só unha vitoria de se proclamar campión da NBA. Mario Chalmers foi o protagonista inesperado dos Heat, despois de que Lebron James acusare cambras nun nocello a falta de cinco minutos e tivera que pasar a maior parte do desenlace do partido no banco. De nada lle valeu os Thunder o gran partido de Russell Westbrook, que acabou con 43 puntos, 7 rebotes e 5 asistencias.
Este ano tocáballe a Miami, este ano tocáballe a Lebron James
- Detalles
- Categoría: A Charanga da NBA
- Publicado o Venres, 22 Xuño 2012 14:48
- Escrito por Xosé d´o Noso
Miami proclamouse campión da NBA despois de derrotar a Oklahoma City Thunder no quinto partido. Lebron James, que consegue o seu primeiro anel de campión, foi escollido MVP das finais, despois dun partido no que fixo triple dobre (26 puntos, 11 rebotes e 13 asistencias). O acerto nos triples foi determinante para a vitoria dos de Florida (Espectacular o 7 de 8 dende a liña de tres de Mike Miller).
A importancia dos tiros libres
- Detalles
- Categoría: A Charanga da NBA
- Publicado o Luns, 18 Xuño 2012 11:56
- Escrito por Xosé d´o Noso
Miami Heat venceu no terceiro partido das finais da NBA e xa está por diante (2-1) nun partido no que foi determinante o acerto do equipo de Florida dende a liña dos tiros libres. Anotaron os Heat 31 de 35 por 15 de 24 Oklahoma, o mellor equipo neste apartado durante a Liga Regular. Lebron (29 puntos e 14 rebotes) e Dwayne Wade (25 puntos, 7 rebotes e 7 asistencias) foron os mellores do seu equipo, mentres que a estrela dos Thunder, Kevin Durant, volveu cargarse de faltas persoais demasiado cedo.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede