1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 21-05-2013 15:45

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Onda de indignação no Coliseu de Lisboa

 O concerto de Sizzla estava inicialmente agendado para o Armazém F, sob a chancela do festival TMN Vivo, contudo, a operadora de telecomunicações decidiu retirar o seu aval à apresentação após ter sido alvo de inúmeras reclamações. A TMN acabou mesmo por frisar que "jamais teria o seu nome associado a tal evento".

Ler máis...

Chico Buarque actuará en Portugal en setembro

Chico Buarque anunciou que voltará a Portugal no mes de setembro para presentar o seu novo espectáculo 'Chico', talvez a última posibilidade para galegos e portugueses de ver ao xenio da música brasileira en vivo. Antes, os galegos poderemos 'baixar' a Portugal para ver en maio a Maria Bethânia, que actuará en Porto e Lisboa e fará unha lectura poética en Viana do Castelo, ou en xuño a Ericeira para ver a Gabriel o Pensador.

Ler máis...

Cancelan todos os concertos de Sizzla

Só quedaba onte unha sala, a Apolo de Barcelona, que mantiña a celebración do concertó do reggeaman Sizzla, acusado de homofobia. Pero o local catalán vén de informar na súa web de que tamén cancela a actuación, prevista para o próximo día 12. O contido das letras alertara á Fiscalía e levantara polémica social ante a posibilidade que supuxesen un delito de incitación ao odio, a violencia ou a discriminación por razóns de orientación sexual ou identidade. A plataforma Actuable recoleu máis de  43500 sinaturas de repulsa. O rapero jamaicano xa viu anulados os concertos que tiña previstos en Madrid, Málaga e Valencia.

 

Blues Explosion, a suar a camisola

Solidez, volume e rock and roll. A Jon Spencer Blues Explosion ofrece unha lección de métrica sonora a un público entregado na compostelana Sala Capitol. O Dioivo inicia coa reseña deste concerto unha sección, intermitente e desmadexada por vontade, de Marga Tojo baixo o título de Punkarrinhos

Ler máis...

O concerto do Bregović

Nunha nova entrega das Crónicas Balcánicas, Jairo Dorado achéganos á figura controvertida de Goran Bregović, despois da súa última actuación en Saraievo. Coma o seu antigo socio, Kusturica, o compositor serbio-bosnio alimenta un mito de dupla faciana, a proxectada polo marketing da industria musical cara ao exterior e a imaxe, moi distinta, que del teñen os seus compatriotas e que non chega a inspirar a popularidade que desde fóra se lle supón.

Ler máis...

”Están de coña, un contrato anti-homófobo a Sizzla”

  “Sodomitas e maricas, morte para eles” ou “Boom boom! Os maricas deben morrer” son algunhas das letras do reggaeman xamaicano Sizzla, que en breve inicia xira polo Estado, en menos locais dos previstos. Numerosas voces piden sinaturas desde a plataforma Actuable para que se cancelen as actuacións. O cantante, xa visitara Galiza no 2009 entre unha forte controversia

Ler máis...

“A cultura non pode ser cativa de quen goberne”

 Vítor Belho celebra hoxe o 25 aniversario do seu embemático local compostelán A Casa das Crechas. A partir das 18.30 horas comezará o espectáculo no establecemento. Dioivo falou co fundador.

Ler máis...