Os porriñeses Baldosa Amarilla, premio do público ao mellor videoclip en Cans
- Detalles
- Categoría: Sons
- Publicado o Venres, 25 May 2012 18:54
- Escrito por DIOIVO
O grupo porriñés gañou un ano máis ao premio do público ao mellor videoclip por 'Desequilibrio', un traballo realizado por Tomás Martínez. O premio, de 300 euros e un can de pedra, deuse a coñecer onte a noite no Torreiro de Cans, despois da proxección do videoclip 'Puerto del Sonido', dos lugueses Mullet, que o día anterior acadara o Premio do Xurado.
Baldosa Amarilla é un grupo de Porriño que vén de autoeditar a súa terceira maqueta: "La Colisión Invisible y otras historias del paseo por el interior de uno mismo": Nas próximas semanas poderáselles ver en vivo na Iguana de Vigo (8 de Xuño) ou no Pub Gatos de Melide (15 de xuño).
FOTO: Promocional de Baldosa Amarilla



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede