Galician Bizarre II, a churrascada continúa
- Detalles
- CategorÃa: Sons
- Publicado o Xoves, 19 Abril 2012 22:35
- Escrito por Daniel Prieto
  Está a piques de ver a luz o segundo recopilatorio do Galician Bizarre (GB), que “ non é nin pretende ser unha escena musical nin unha asociación nin unha empresa de xestión musicalâ€, advirten os seus promotores. Tras a primeira edición de hai máis dun ano, na que interviñeron Anenome, Cu de Vaso, Indómitos, Le Cûl, Lee Van Cleef, Los Santos, Metralletas Lecheras, Noise Project, Novedades Carminha, Shit Pony, SraSrSra, Telephone Rouges, The, Thee Possums e Zoofilia-a-a... agora é o turno de Alarido Mongólico, Carrero Bianco, Christ Divides, Fantasmage, Fluzo, Lobishome, Los Televisores, Los Thyssen, Mano De Obra, Mullet, Pastillas Mamut, QVEK, Sr. Anido, Terbutalina, Tetra & Freek, Tora Tora Tora!, Trajano! e Wild Balbina. Como fixeran os 15 participantes anteriores, estas 18 novas bandas achegarán un tema inédito. Editaranse 525 copias en vinilo que se financiarán a través dun sistema de micropatrocinio. Aquelas persoas que desexen exercer de mecenas teñen ata o 13 de maio para reservar unha copia por dez euros aquÃ. Se non se venden 250 copias como mÃnimo, o proxecto non seguirá adiante e os cartos serán devoltos. A máxima aportación, de 350€, dá dereito a 20 copias e a un concerto en eclusiva de Sr. Anido.
Teño o pracer de ser cantante e guitarrista de Los Santos. Somos un trÃo de punk-twist que, por razóns que non veñen ao caso, formamos xa parte indisoluble do rock and roll galego. Participamos no primeiro recopilatorio do GB, polo que certas voces nos etiquetaron como unha banda emerxente máis das 15 que compuñan ese traballo. Iso, a pesar de que levamos década e pico pateando os escenarios. Só unha mostra das dificultades de tentar definir unha iniciativa onde conflúen grupos e sensibilidades tan diversas. De feito, a música de moitos dos participantes nese compilatorio, entre os que nos incluÃmos, afástase considerablemente dese carácter bizarro, underground e indie que ao parecer daba sentido estilÃstico ao traballo. Só fai falta escoitalo. E tampouco é certo, como se ten afirmado, que Triángulo de Amor Bizarro sexa un referente para a totalidade dos grupos que decidimos unirnos nesa aventura. Porque aÃnda que para moitos sexa asÃ, para nós os pais putativos do rock galego son Heredeiros da Crús, Los Suaves e Siniestro Total.
E é que o GB só foi a perfecta excusa para que os grupos organizásemos churrascadas. Boa proba diso foron as romarÃas e as bacanais gastronómico-musicais celebradas entre as bandas en perfecta comuñón. Iso foi o que tan acertadamente levou a Rafa, ou Sr. Anido, guitarrista e gurú de Metralletas Lecheras, a acuñar o termo gastropunk. De feito, Rafa, un dos promotores deste evento xunto á xente de Novidades Carminha, considera que o GB “non é máis que unha recopilación de grupos que coinciden nunha época concreta e nun lugar determinadoâ€. Para este ideólogo, home de mil grupos que recita mantras nun idioma inventado, o importante é “a camaraderÃa que se crea entre a xente, que é unha das cousas máis bonitas deste mundoâ€. Anido, que recunca nesta segunda edición co seu proxecto mesiánico de Sr. Anido, alma mater de bandas xa extintas como Iribarnes ou Jiménez del Oso, salienta a “competencia sana†desatada entre as formacións. Tanta que “apareceron ultimamente máis grupos que poderÃan xa formar parte dun terceiro volumeâ€, advirte.
Para Rafa Anido, os recopilatorios do GB pasarán á posteridade porque “dentro de 20 ou 30 anos aparecerá algunha copia de vinilo nalgún caixon dunha tenda de discos en Amsterdam ou Berlinâ€. Unha opinión semellante mantén JoaquÃn GarcÃa, alias Quincho, guitarra e cantante da banda ferrolana Carrero Bianco, que defende que “o GB como disco é a mellor forma de mostrar o excelente momento que está a vivir a creación musical en Galicia neste momento, e vai a maisâ€. Segundo Quincho, na primeira edición “quizais se xuntaron grupos de corte mais punkâ€, mentres que na segunda “hai unha aposta mais tecno e electrónica mantendo o mesmo espÃritoâ€. Abofé que si, se temos en conta a achega de bandas como Pastillas Mamut, unha especie de hÃbrido entre OBK e Cañita Brava. Ou de Tetra & Freek, que aspiran a unha mestura perfecta entre punk e pop denominada ponk. Estes composteláns defÃnense como “os renovadores da música contemporánea†e perpetran unha especie de tecno-pop que lembra a Almodóvar e McNamara cunhas copas de máis. En opinión de Nico Campos, voz e carisma de Tetra & Freek, o GB confórmano “un grupúsculo de mentes preclaras ou completamente opacas que tentan ensinarlle ao mundo que a modernidade de BerlÃn non é superior á de Boimorto, ou si...â€
Baixo o prisma de Santiago RodrÃguez, baterÃa do grupo pontevedrés Tora Tora Tora!, a participación neste recopilatorio representa unha “oportunidade†de darse a coñecer entre un público máis amplo e funciona como “un resumo do que está acontecendo en Galicia†e no seu “crecente panorama†musical. Non obstante, o grupo da Costa da Morte de gastropunk Terbutalina considera que a “explosión de sabores†das bandas que conflúen no GB non implica que en Galicia exista unha escena, xa que “para que o Galician Bizarre sexa algo destacable xa te podes imaxinar vaia percal de escena temosâ€, ironizan. Igual de crÃtico se amosa Javi Mirón, voz de Los Televisores, ex membro de Le Cûl, quen argumenta que “é certo que hai un monton de bandas chachis, pero sen unha infraestructura que se preocupe na difusión non existe escenaâ€. Ao seu xuÃzo, “son os propios grupos os que se encargan de todo o proceso, e ás veces resulta desquiciante aÃnda que tamén une moito. O compilatorio é un exemploâ€, argumenta.
 O TEMPLO DO BIZARRISMO GALEGO
O bo rollo entre bandas tradúcese en concertos conxuntos entre os participantes nos recopilatorios, ante a imposibilidade de autoafirmarse nesa antiescena que semella ser Galicia. O clÃmax deste proceso produciuse o pasado 18 de febreiro nun dos lugares sagrados para moitas bandas do GB: a churrasquerÃa Fogar do Santiso de Santiago. Borja Seoane, quen exerce como mánager improvisado de varias das bandas adscritas ao GB, foi sorprendido por un concerto sorpresa dos Metralletas Lecheras o dÃa do seu aniversario. Ese dÃa, o templo do churrasco e do bizarrismo galego foi invadido polas MelodÃas para romanos -o recente traballo editado pola banda- nunha festa organizada por Cecilia, a súa moza. “Tocaron os Metralletas Lecheras, que son os nosos amigos; comimos churrasco e foi unha puta pasada", conta Borja. "Volvede cando queirades, e isto non llo dixen a Budiño, o da gaita", dixo o propietario do local levado polo énfase do momento. Zé Pequeno, o baixista, vestiuse de branco aproveitando a ocasión, decidido a casar dunha vez. O propio Borja exerceu de crego.
"Os do XabarÃn Club deberÃan de ter a intelixencia de renovar personal e poñer a tocar a estes grupos, que parece que hai que dicilo todo!", critica Borja. Ao seu xuÃzo, a pesar de que o GB "non é un movemento uniforme, como caracterÃstica ten o do it yourself ese do carallo" e é "comparable coa movida madrileña porque aquà tamén temos fotografos, artistas gráficos, videoartistas e artistas do carallo", engade. Festivais como o Fich de Chantada e o Sereas e Piratas de Carballo "dan apoio a este tinglado" que "non ten o apoyo mediático que tivo a movida", explica. "A gran diferencia é que as movidas anteriores só eran o xermolo dunha cidade e isto é de toda unha comunidade, dende Sada ata O Grobe e pasando por Chantada", matiza Cecilia.
Haberá que esperar a que o tempo xulgue ás bandas do GB e, como cantaban Le Cûl no tema Futurismo do primeiro recopilatorio: "Futurismo, ahora mismo".
Â
FOTO: Metralletas Lecheras /DAVID TOMBILLA
FOTO 2: Borja Seoane, de crego bizarro /DAVID TOMBILLA



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquà contámosvos a nosa filosofÃa e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede