Deixamos que nos rouben o que moita xente morreu defendendo
- Detalles
- CategorÃa: Sons
- Publicado o Venres, 24 Febreiro 2012 00:36
- Escrito por Montse Dopico
 “Rompe o silencio co que te estás a afogarâ€. Esta frase é a última que se pode escoitar no terceiro disco de Machina, 'Ensaio sobre o silencio'. E resume ben o sentido de todo o traballo. A banda de Cerceda volve, máis metal que nunca, para berrar ben alto que xa chegou. Que é hora de quitar a mordaza, hora de dicir non a todos os retrocesos cos que a actualidade polÃtica nos abafa. Gonzalo, Anxo, MartÃn e Ãngel achéganse, neste álbum, “ao son e o sentimento que sempre buscaron na súa músicaâ€. Iso din eles. E a nós contóunolo MartÃn.
DefinÃdesvos como grupo de “rock alternativo, hardcore melódico e metalâ€. Se cadra este disco tira máis cara ao terceiro, non si?
É certo que é máis cañeiro, ten máis forza. Pero sempre fuximos de etiquetas. Por iso ao anterior chamámoslle ‘Post-bravú’. Se tiña que ser algo, que fose post-bravú, por ser nós xente que vÃa o XabarÃn...
Todo o disco ten un sentido de reivindicación da fin do silencio. PoderÃan lerse todas as letras como partes dun mesmo relato.
Non foi algo buscado: foi o que nos saÃu ante a situación que estamos a vivir. Xa chega de recortar o que tanto custou conseguir. Deixamos que rouben o que moita xente morreu por defender. A xente fala de crise, pero non sabe que a causou. Acepta que hai que calar e apandar e nada máis.
En realidade xa en ‘Post-bravú’ falabades da necesidade de loitar pola liberdade esmagada polo poder, dunha sociedade adurmiñada...
É certo que hai cousas en común. Só que o que no anterior disco podÃa ser o 20 por cento, agora é o 80 por cento. Ese discurso social que xa antes estaba presente agora aparece moito máis claro. É un disco combativo, asà saÃu. Ata o tema de amor que fixemos. 'Equilibrio’, non se parece nada a unha balada romántica.
Algo falabades tamén no disco anterior dos que queren enterrar a memoria histórica. Como neste en ‘Cada un o seu’. Como xurdiu este tema?
Falamos do franquismo e dos defensores do terror, si. Foi o último dos temas compostos para este disco. Cadrou co caso de UndargarÃn, o xuÃzo de Garzón, BotÃn... O que fixemos neste tema foi mesturar todo iso, falar dos que non teñen as mans limpas senón todo o contrario... Porque en realidade a extrema dereita está detrás do poder que se disfraza de centro dereita. Nese tema colabora Juan Prego na guitarra, e Diego Carreira e César RÃos nos coros.
‘Gato branco, gato negro’ fala de que a vida é, no fondo, igual para todos... Cal é a idea?
Pois algo que nos parece moi importante, que é aprender a valorar as cousas pequenas. Mellor disfrutar do que temos que amargarnos con soños inalcanzables.
E ‘20 Segundos’. Quen son os animais dos que fala?
Calquera de nós no fondo somos animais, temos instintos, e podemos comportarnos como animais en situacións lÃmite. Cando temos moito medo podemos chegar a matar...
O medo, precisamente, citádelo moito no disco. Para denunciar como o medo é un xeito de controlarnos, non si?
‘Medocracia’ fala do goberno do medo, do que está acontecendo. A xente vota a quen lle di que vai acabar coa crise, porque non se entende de onde vén a crise. ‘Bendito malestar’ fala do inmobilismo ao que nos leva o medo ao que o malo acabe peor. Aferrámonos a un benestar que é falso. Dinnos que non podemos perder o benestar que aÃnda temos, pero en realidade se che rebaixan o salario, se che quitan dereitos en sanidade e educación... ese benestar non é tal. Non é motivo para seguir calados.
E ‘Desescribir’? Cal é esa historia manipulada?
Nese tema colabora o Leo. É todo ese conto da España plural. Din que é unha pena que non poidamos sentirnos todos españois. Pero é que nós nacimos aquÃ, e non temos a culpa de que haxa quen quere pegar algo que nunca foi unha unidade.
Desta volta produce Pablo Iglesias e masteriza o sueco Pelle Henricsson. Como foi o cambio?
Pois a Pelle buscámolo. Queriamos que a masterización se notase máis, e demos con Pelle, que traballara con bandas moi boas. Tamén nos apetecÃa cambiar na produción: xa que o disco supón un cambio, un xiro, pois mudar todo. Pablo traballaba en Madrid tamén con moi bos grupos, pero a crise aféctanos a todos e por iso axustou un pouco máis os prezos. Asà que decidÃmonos a traballar con el.
O disco está tamén disponible en versión fÃsica, nunha edición especial de 250 unidades, cun deseño feito por vós mesmos, e noutra edición máis convencional. Tedes datas para os concertos?
A presentación do disco farase en Cerceda o vindeiro 17 de marzo.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquà contámosvos a nosa filosofÃa e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede