1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Os da Ría enchen Galicia de ledicia co seu disparatado 'disco díscolo'

Xa está aquí, por fin, o 'disco díscolo' d´os da Ría, cunha fasquía ben senlleira, como de convite de voda, unha desas vodas opíparas que gustan de frecuentar os dous protagonistas deste singular conxunto cómico-musical (Arturito Puy e Fabián Santomé; isto é, Carlos Meixide e Tomás Lijó). Despois de moitos anos, tantos que xa se esvaen na cativa memoria deste cronista, Os da Ría acadan por fin un acaído soporte físico para algúns dos seus principais 'xites': o CD.

Ler máis...

E Chantada foi o centro do Universo

Cálido. Quente.  Xa sei que escoller estes adxectivos para un festival en novembro no interior de Lugo non semella o máis acaído. Pero non me veñen outros á cabeza despois de ter pasado o sábado enteiro en Chantada, onde celebraron a  X edición do Castañazo Rock, na que decidiron (en boa hora) voltár ás raices do festival.

Ler máis...

“A crítica é algo subxectivo”

Ser membro dun grupo pode non pasar de aí, subir ao escenario, cantar ou tocar un dos instrumentos e logo aproveitar a marea post-concerto. Non obstante, hai músicos que invisten tempo primeiro en vivir e tirar para diante e logo, se lles queda algo, invisten tempo en buscar nas raíces musicais no espazo que os rodea. Así nolo conta Alfonso Espiño, cantante do compostelano grupo Los Chavales, dj en locais compostelanos e agora no medio dunha investigación académica sobre aqueles grupos que houbera un día nas nosas xeografías e agora en moitos casos, nin son recordo.

Ler máis...

Festival Sereas e Piratas 2012: Punk, praia e psicodelia en Razo

A praia de Razo, xoia bergantiñá, volveu ser testemuña, un ano máis, da peregrinaxe de centos de mozas e mozos de toda a xeografía galega na busca de rotundas melodías indie en medio dunha maruxía que non perdoa nin en pleno xullo. Dous días coas súas noites, acampados e non acampados, puideron gozar indistintamente de ondas e riffs nun festival que desta volta tivo que remar a contracorrente pola coincidencia en datas co máis mediático Portamérica e coas festas da Dorna ribeirás.

Ler máis...

''Os cartos para a cultura están xestionados por xente mediocre''

O grupo Phantom Keys achéganse ao Dioivo para falarnos da súa experiencia como banda en inglés dentro do panorama galego. Son músicos cunha liña moi clara no seu repertorio, todo aquilo que teña a ver co garage e rock and roll máis clásico e suoroso. Mostran aquí algunhas das súas inquietudes e posicións sobre o seu traballo e o momento que se vive agora mesmo sobre a música no país. 

Ler máis...

''Non sabemos nada da historia da música galega''

Julio Vilariño vive en Compostela. É DJ e crítico musical. Nestas dúas áreas de traballo ten cousas que dicir sen morder a lingua, cousa que ás veces lle pode dar máis dunha sorpresa. Falamos con el para que nos ofreza a súa visión sobre un panorama musical como o galego. Colaborador de publicacións e dentro de asociacións cidadás, ten ofrecido os seus puntos de vista de cara o público en conferencias que non deixaron indiferente a quen asistiu. 

Ler máis...

Roi Casal presenta 'Vai alborexar', o single do seu terceiro disco en solitario

"Son tempos complexos, nos que escoitamos falar dunha xeración perdida, mais non podemos perder a esperanza sen traballar no que cremos”. Este é o resumo que fai Roi Casal de Vai alborexar, o single adianto do seu terceiro traballo en solitario, tras o éxito do seu primeiro disco Lendas douradas, un dos discos máis vendidos en Galicia en 2009 e Maxicamente vello, cunha xira de máis de 40 concertos en Galicia e España

Ler máis...