Séchu Sende: ''Sempre serei 'yo' en certa maneira''
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Mércores, 13 Marzo 2013 12:32
- Escrito por Moncho Mariño
Séchu Sende veu publicado o seu libro "Viagem ao Curdistam" logo do percorrido que fixo por aquel país. Un intercambio entre dúas realidades sociais e lingüísticas tan diferentes pero tan semellantes. Mantivemos unha conversa con el para falar do libro pero tamén doutros elementos que compoñen a vida e obra deste autor.
''Confiar o futuro a alguén cada catro anos só é un rito democrático, non leva a ningures''
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Domingo, 17 Febreiro 2013 14:32
- Escrito por ALBERTO RAMOS
Diego Ameixeras (Lausanne, Suíza, 1976) vén de publicar en Xerais a súa nova novela, Todo OK. Nesta ocasión, o autor de Dime algo sucio ou Asasinato no Consello Nacional, escolleu un feito real para recrear a loita pola supervivencia social dun personaxe ficticio. O suceso elixido por Ameixeiras é unha operación de narcotráfico fracasada, que rematou nun episodio un chisco absurdo no momento en que a Garda Civil atopou un submarino abandonado en plena Ría de Vigo.
''Amancio Ortega non é exemplo ético de nada. Quen teña cartos que faga algo polo país!''
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Venres, 15 Xuño 2012 19:05
- Escrito por ALBERTO RAMOS
Marcos Calveiro vén de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra Palabras de auga. Dioivo aproveita a oportunidade para falar co escritor nunha longa entrevista na que se trata o seu libro, pero tamén a literatura infantoxuvenil, a crise, a cultura e mesmo a Rafa Nadal e os seus reloxos.
Xosé Luís Regueira ingresará o vindeiro 2 de xuño na RAG
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Martes, 01 May 2012 05:09
- Escrito por Alberto Ramos
O acto de recepción terá lugar na sede da Real Academia Galega e Manolo González lerá a resposta. Regueira pronunciará un discurso titulado 'Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI'
Samuel Solleiro: ''Trato de ser feliz, aínda que escriba cousas chungas''
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Luns, 08 Outubro 2012 10:00
- Escrito por Moncho Mariño
Samuel Solleiro, tudense afincado en Le Mans, é o autor de Gran tiburón branco, un libro formado por un conxunto de relatos ben variados por diferentes entre eles e por que ademais, un deses relatos é visual. Se con DZ, o libro do esperma, Solleiro fixo un exercizo creativo que sorprendeu a moitos, sobre todo os máis achegados, Gran tiburón branco mostra a aleta caudal nas augas do panorama creativo galego nun momento onde o cultural, social, político e económico son terreos hoxe en día que semellan afundir baixo os nosos pés.
Homenaxe nacional a Agustín Fernández Paz
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Xoves, 07 Xuño 2012 12:27
- Escrito por DIOIVO
A plataforma cidadá ProLingua, plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega, organiza unha homenaxe nacional ao escritor vilalbés Agustín Fernández Paz. Terá lugar o vindeiro sábado 30 de xuño en Vigo. O acto comezará ás 12:30 no Auditorio Social de Caixanova e será conducido pola escritora Rosa Aneiros. Posteriormente haberá un xantar no Restaurante Carrís da cidade olívica para 250 persoas. O prezo por cada comensal será de 40 euros.
''Non nos instalemos na cultura tóxica das subvencións. Non a queremos''
- Detalles
- Categoría: Letras
- Publicado o Sábado, 28 Abril 2012 14:22
- Escrito por Alberto Ramos
A Feira do Libro de Santiago abre a súa 31ª edición con homenaxe a Isla Couto e cun pregón de "optimismo" de Víctor Freixanes, quen pediu unidade ao sector e altura de miras ás administracións. "As políticas de recortes só nos levan o fracaso", sentenciou o escritor e director de galaxia na súa intervención ante o público e o secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Cultura, Xesús Oitavén.
Máis artigos
- 'Cita con Rama' en galego, corenta anos despois
- “Buscamos novas vías de achegarnos ao público”
- Os editores entregan os seus premios con Díaz Pardo e Casares na memoria
- “A literatura infantil non fala de cousas simples, senón do que é esencial”
- Xabier P.DoCampo presenta en Pontevedra Mans, un libro benéfico e con vocacion poética
- “Sorprende a amizade entre Celso Emilio e Cela”
- “A democracia xa nos deixou ben claro que, para o pobo, o galego non importa en absoluto”
- “O festivo das Letras Galegas foi un golpe tremendo para o libro galego”
- Círculo Poético Aberto edita un libro de textos dos seus participantes
- “Quero crer que non existe un manual establecido de como sermos galegos”
- Sharpe's Rifles: un best-seller inglés sobre a Guerra da Independencia en Galicia
- “O obxectivo é que os rapaces de 15 anos flipen con Celso Emilio”



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede