1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Dioivo presenta o seu horóscopo entre crises e rescates

O colectivo astrolóxico do Dioivo, que toma por nome Otempodirá, preséntanos a primeira edición do seu horóscopo que mes a mes axudará aos nosos lectores a prever o incerto futuro. Un horóscopo singular cos doce signos tradicionais mais un decimo terceiro, o Sepentario ou Ophiucus, que servirá de signo comodín para aqueles que non atopen satisfacción no seu signo propio. Toda unha iniciativa de vangarda para este tempo de crises e mentiras políticas que o Dioivo pon ao dispor dos seus indómitos usuarios.

Ler máis...

Ferramenta Zine, novo espaço de pensamento

Sempre atentos á cena cultural do Além Minho, registamos no Dioivo o lançamento do fanzine Ferramenta Zine, um projecto de reflexão e debate comunitário nado em Viseu, que toma por princípios a liberdade, a autonomia e o espírito crítico e que quer abrir um novo espaço de intervenção social nesta época de crises e retóricas políticas vácuas. O Ferramenta Zine foi apresentado o 1º de Maio no Lugar do Capitão, emblemático local viseense com nutrida programação artística e cultural.

Ler máis...

A Semana de Filosofía de Pontevedra achégase a Europa

 Europa será, desta volta, a coartada para recuncar nunha cita xa histórica para o pensamento galego. Mañá 9 de abril comeza en Pontevedra unha nova edición, a XXIX, da Semana Galega de Filosofía. Este ano cuestionarase o concepto de democracia europea, analizaranse os novos modos do poder e barallaranse as posibilidades de subsistencia do que algún tempo se chamou soberanía popular. Como novidade da presente edición, a Semana trasladarase xoves e venres á Coruña, onde en colaboración coa Fundación Paideia, terán lugar senllas conferencias, a cargo do galego Fermín Bouza Álvarez e do italiano Giacomo Marramao.

Ler máis...