1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 23-05-2013 11:48

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

Os Mestre Mateo xa teñen finalistas

 A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá na Coruña aos finalistas da décima edición dos Premios Mestre Mateo, boa parte dos cales acapararon cinco proxectos de diversas disciplinas como a serie de televisión Matalobos, con 15 nominacións; a longametraxe de ficción Doentes, con 13; a longa de animación Arrugas, con 8; a longa documental Tralas Luces, con 6; e a longametraxe para televisión Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego, tamén finalista en 6 categorías. Concorreron aos premios 132 obras, 85 produtoras e 385 profesionais, cifras similares ás de anos pasados.

A cantidade e a calidade dos proxectos presentados dan boa conta de que "o talento en Galicia non está en crise", como asegurou a produtora Emma Lustres, membro da xunta directiva da Academia. Os encargados de ler os nomes dos nominados foron Sara Horta, secretaria da Academia Galega do Audiovisual e productora executiva da gala dos PMM11; Alex Carro, socio da Academia e actor, coñecido pola súa interpretación do sacristán Santi, de Padre Casares; e Fernando Morán, socio da Academia e actor de longo percorrido, que nos últimos anos ten participado en series como Matalobos ou Piratas e na película de José Luis Cuerda Todo é silencio.Horta explicou que agora comeza a segunda rolda de votacións, na que os 245socios e socias da Academia decidirán quen recibe o máis prezado galardón do audiovisual galego.

A serie da TVG Matalobos acapara o maior número de candidaturas: son, montaxe, realización, dirección de produción, maquillaxe e perruquería, deseño de vestiario, dirección de fotografía, guión, interpretación masculina de reparto para Antonio Mourelos, Ricardo Barreiro e Xavier Deive, interpretación feminina de reparto para Camila Bossa, interpretación masculina protagonista para Luís Iglesia, interpretación feminina protagonista para Luisa Merelase mellor serie de televisión. Séguea de cerca a longametraxe Doentes, con 13 nominacións: son, montaxe, dirección de produción, deseño de vestiario, dirección artística, dirección de fotografía, música orixinal, guión, interpretación masculina protagonista para Antonio Durán “Morris†e Xosé Manuel Olveira “Picoâ€; interpretación feminina protagonista para María Vázquez, dirección para Gustavo Balza e mellor longametraxe.

En torno á media ducia de nominacións están Arrugas, Tralas Luces e Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego. Arrugas opta a mellor son, montaxe, dirección de produción, dirección artística, música orixinal, guión, dirección e mellor longametraxe de animación. Pola súa banda, a longa documental dirixida por Sandra Sánchez Tralas Luces está nominada a mellor son, montaxe, dirección de fotografía, guión, dirección e mellor longametraxe documental. Finalmente, Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego pode acadar os premios á mellor dirección de produción, maquillaxe e perruquería, deseño de vestiario, dirección artística, dirección e mellor película para televisión.

CATEGORÃAS

O mellor filme decidirase entre A Casa da Luz, Doentes, Secuestrados e Simbad. Antonio Durán Morris (Doentes), Xosé Manuel Olveira Pico (Doentes), Luís Iglesia (Matalobos) e Federico Pérez (Era visto!) disputaranse o galardón ao mellor intérprete masculino. Na categoría feminina competirán Luisa Merelas (Matalobos), María Bouzas (Reliquias), Susana Dans (Emilia Pardo Bazán) e María Vázquez (Doentes).

Os finalistas para a mellor dirección son Gustavo Balza (Doentes), Ignacio Ferreras (Arrugas), Sandra Sánchez (Tralas Luces) e Simón Casal de Miguel (Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego). Na categoría de mellor longa documental os finalistas son Brasil somos nós,  MPH MAN, Lois Pereiro, seguindo os surcos e Tralas luces. Os académicos terán que elixir entre Matalobos, Era visto!, Padre Casares e Roberto y Angélica a distinción a mellor serie.

No apartado de mellor longa de animación, os dous finalistas son Arrugas e Copito de nieve. Optan á mellor películas para televisión Eduardo Barreiros, o Henry Ford Galego, Emilia Pardo Bazán, a condesa Rebelde, A pesar de todo, quérote e Reliquias.Â