1. Skip to Menu
  2. Skip to Content
  3. Skip to Footer
Última actualización:
Xeral: 18-05-2013 10:33

Dioivo na rede

FacebookTwitterYoutube

'A ópera dos tres reás' e 'Citizen', máximas favoritas nos María Casares

 Once espectáculos obtan aos Premios María Casares de Teatro. Citizen total, de Chévere, e A ópera dos tres reás, do Centro Dramático galego son as favoritas ao contar con once candidaturas. O mellor espectáculo decidirase entre Citizen, a ópera de Tosar e Oeste Solitario, de Producións Excéntricas, que conseguiu 6 nominacións. Pola súa banda ER, algún día traballaremos xuntas, de Teatro do Atlántico, acadou catro nominacións. A mellor dirección decidirase entre os directores Avelino González, Xesús Ron e Xulio Lago

Ler máis...

Chévere celebrará en abril a súa primeira Ultranoite en Teo

 Chévere cumpre 25 anos. A súa celebración limitarase ao traballo e a poñer en marcha unha serie de iniciativas dende a súa nova sede en Teo, despois de pechar a Sala Nasa e abandonar Compostela. Como unha das súas primeiras actividades, a compañía recuperará o formato das Ultranoites. A compañía, ademais, pensa xa nunha nova produción para finais de ano. Barallan varias opcións, pero unha das que máis corpo anda a coller é un "thriller teatral" titulado Eurozona, na que os líderes políticos da UE terían o protagonismo

Ler máis...

“Queren desaparecernos, pero non van conseguilo“

Di Pepe Penabade que non é o mesmo facer teatro galego que teatro en galego, traducindo ao noso idioma textos doutra lingua. E a súa escolla é o primeiro, como mostra o seu traballo coa compañía Volta e Dálle. A montaxe de 'Menciñeiros' é proba desta concepción.

Ler máis...