A Gentalha reivindica nun documental as formas dos días da semana coa palabra “feira”
- Detalles
- Categoría: Creación
- Publicado o Xoves, 12 Xullo 2012 08:55
- Escrito por Dioivo
Moitas palabras do léxico galego fóronse perdendo pola presión do castelán. O proceso de substitución non deixa de avanzar, de xeito que as formas tradicionais, desprazadas pola lingua dominante, se acaban esquecendo. É o caso, segundo a Comissom de Defesa da Língua da Gentalha do Pichel, de segunda feira, terça-feira, quarta-feira, quinta-feira e sexta-feira, substituídas por luns, martes, mércores, xoves e venres, cando non, directamente, polas formas castelás.
A Gentalha do Pichel atopou testemuños da pervivencia en Galiza destas formas tradicionais, coincidentes coas do padrón portugués. E recolleunos nun documental que reivindica a súa recuperación. Un traballo que “em primeiro lugar recolhe testemunhos do uso vivo da sexta-feira na Límia Baixa. A seguir viaja ao extremo norte da Galiza, onde as pessoas mais velhas ainda tenhem memória do uso da quarta-feira (que chamavam carta-feira). A partir daí as gravaçons som realizadas polos membros da Comissom de Defesa da Língua da Gentalha em muitas aldeias da área de Compostela, concretamente para registrar a 4ª, a 5ª e a 6ª feira. O objetivo do filme é mostrar como nestas comarcas as pessoas passárom de quinta-feira a jueves. Só nos últimos anos fôrom introduzidas através do ensino e da televisom umhas novas denominaçons, semelhantes às do castelhano e pouco abonadas no galego tradicional”, explica a asociación no seu blogue.



Dioivo é un proxecto cooperativo, aberto, baseado na vontade dun grupo de xornalistas de recuperarmos a palabra e botala a andar. Aquí contámosvos a nosa filosofía e o xeito de participardes na nosa revista/asociación. Coñecede ademais o noso consello de redacción e quen colabora connosco.
No Dioivo queremos saber como funciona este mundo raro no que vivimos. Os nosos afoutos colaboradores cóntannos que acontece nos máis afastados recunchos do espazo, do tempo e do pensamento.
Dioivo na rede